A 1ª INICIATIVA DO BNG-AA SERÁ PARA ADAPTAR OS HORARIOS DOS CENTROS SOCIAI ÁS NECESIDADES DA XENTE

A 1ª INICIATIVA DO BNG-AA SERÁ PARA ADAPTAR OS HORARIOS DOS CENTROS SOCIAI ÁS NECESIDADES DA XENTE

Rubén ArroxoArroxo dixo que “agora son os bailes, antes foron os colectivos e nós mesmos tivemos que facer unha asamblea na rúa por que se nos negou unha sala que estaba baleira”

Para o BNG – AA é absolutamente incomprensible que os horarios dos centros sociais sexan marcados por empresas ou traballadores e non haxa preocupación do goberno por adaptalos ás necesidades reais dos usuarios

Lugo, 15 de xuño 2015. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou hoxe que a primeira iniciativa que presentarán, unha vez se constituan as comisións correspondentes, será para que os horarios dos centros sociais se adapten ás necesidades da xente. Arroxo sinalou que “acabamos como as persoas usuarias do centro social do parque da Milgrosa se queixan por que lles quitaron o baile” e engadiu que “independentemente de que estemos dentro ou fora do goberno imos loitar para que as instalacións municipais funcionen ao servizo das persoas e dos colectivos que as utilizan”.

Para o BNG – AA é absolutamente incomprensible que os horarios dos centros sociais sexan marcados por empresas ou traballadores e non haxa preocupación do goberno por adaptalos ás necesidades reais dos usuarios. Arroxo, en referencia á xestión dos espazos e horarios dos centros sociais, lembrou que “agora son os bailes, antes foron os colectivos e nós mesmos tivemos que facer unha asamblea na rúa por que se nos negou unha sala que estaba baleira, agardamos que a nova alcaldesa teña outra sensibilidade sobre este asunto”.

En relación á suspensión dos bailes no centro social de Frigsa, o voceiro nacionalista asegurou que “o concello terá que recuperar a xestión municipal dos centros sociais para poder atender a súa programación dun xeito razoable” e engadiu que “a remunicipalización dos servizos tamén será un dos nosos cabalos de batalla durante este mandato”. Rubén Arroxo afirmou que “dende fai tempo xa recibimos queixas de diversos colectivos que utilizaban ou solicitaban espazos en instalacións municipais e non lles eran concedidos ou se lles marcaban horarios imposibles para eles”.

Negociacións

Rubén Arroxo dixo que “para nos é secundario prestarlle atención as cuestións de conformación do goberno municipal, o prioritario é atender as demandas da xente e facer que Lugo funcione”. O BNG-AA manterá mañá pola tarde a primeira xuntanza con PSOE para analizar as posiblidades de futuro de cara á gobernablidade do concello de Lugo.

A 1ª INICIATIVA DO BNG-AA SERÁ PARA ADAPTAR OS HORARIOS DOS CENTROS SOCIAI ÁS NECESIDADES DA XENTE