“60.000 litros de auga derramados aos pés dos lucenses, este é o fin da polémica pista de xeo”

“60.000 litros de auga derramados aos pés dos lucenses, este é o fin da polémica pista de xeo”

IMG_4578 A edil do BNG–AA criticou que para retirar a pista de xeo da pza. da Horta do Seminario “se desconxelara vertendo a auga directamente á beirarrúa cando máis xente hai na rúa”

Durante o día de hoxe un importante tramos da beirarrúa de Ramón Ferreiro permaneceu “inundada” coa auga e dificultou o paso de viandantes

Lugo, 1 de febreiro de 2016. Ante as queixas de varias persoas a edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, acudiu a comprobar por si mesma as condicións nas que se estaba producindo o desxeo e baleirado da pista de patinaxe situada na praza da Horta do Seminario. Toda a auga xerada polo desxeo da pista verteuse directamente e durante todo o día, á beirarrúa da Av. de Ramón Ferreiro pola que transitan centos de persoas. Ferreiro cuantificou en máis de 60.000 litros de auga derramados “aos pés dos lucenses que por alí transitaron durante toda a xornada”

IMG_4569A edil do BNG–AA criticou que para retirar a pista de xeo da praza da Horta do Seminario “se desconxelara vertendo a auga directamente á beirarrúa cando máis xente hai na rúa”. Ferreiro lembrou a polémica relativa á instalación da pista e afirmou “parece que as cousas non se poden facer peor” explicando que “ata a propia retirada da pista supón unha molestia para os lucenses”. Durante o día de hoxe un importante tramos da beirarrúa de Ramón Ferreiro permaneceu “inundada” coa auga e dificultou o paso de viandantes.