ABRAIRA DIXO QUE “É O MOMENTO DE QUE SE CUMPRAN OS COMPROMISOS COS VECIÑOS DE ORBAZAI E DE PARADAI"

ABRAIRA DIXO QUE “É O MOMENTO DE QUE SE CUMPRAN OS COMPROMISOS COS VECIÑOS DE ORBAZAI E DE PARADAI"

IMG_8071Abraira lembrou que os veciños de Orbazai cederon, no seu momento, os terreos precisos para a construción dos depósitos e “agora non poden quedar sen subministro de auga da rede pública”

O BNG tamén manifestou a súa preocupación polas obras da rotonda de Paradai

Lugo, 26 de marzo de 2015. A voceira do BNG, Paz Abraira, dixo que “o concello de Lugo adquiriu, no seu momento, un compromiso cos veciños e veciñas de Orbazai para darlles subministro de auga da rede pública de abastecemento unha vez foran rematadas as obras dos novos depósitos”. Abraira lembrou que “tamén houbo un compromiso cos veciños de Paradi no referente á construción da nova rotonda”. “Agora é o momento no que os que gobernan a Xunta e o Concello ten que cumprir coa súa parte” sinalou Paz Abraira.

Para o BNG “é agora o momento de facer os entronques para que se poidan facer as conexións ás vivendas”. A voceira do BNG sinalou que “este é o momento de cumplir coa xente de Orbazai e non valen excusas nin promesas para o futuro”. O Concello de Lugo, xunto con outras administracións, están a realizar as obras de soterramento das conduccións de auga potable na zona de Orbazais e non se están facendo os entronques aos núcleos nin ás vivendas próximas á canalización.

Abraira asegurou que “é lóxica a preocupación de veciños e veciñas da zona” quenes contactaron co BNG dada a súa desconfianza do actual equipo de goberno municipal a este respecto. Paz Abraira insistiu en que “agardamos que non se pechen agora as obras sen deixar este asunto resolto”. Por esto o BNG esixe  que “se teñan en conta as demandas veciñais” e especialmente neste caso no que houbo un compromiso previo. Abraira lembrou que os veciños de Orbazai cederon, no seu momento, os terreos precisos para a construción dos depósitos e sufriron todas as obras.

Rotonda de Paradai

O BNG tamén trasladará ao parlamento galego e ao concello de Lugo unha serie de iniciativas sobre a construción da nova rotonda de Paradai. Paz Abraira explicou que “había un acordo para manter as cotas con respecto ás vivendas e para buscar alternativa para conectar as vivendas da zona coa rotonda”. A voceira nacionalista indicou que “este foi un proxecto que o PP na xunta non tiña interese en desenvolver, e por eso tivo tantas pegas e retrasos ata o último momento” e engadiu que “o PP non lle vai dar continuidade ao plan Paradai e esto agrava a situación deste tramo final”.

“O goberno municipal debería velar polos intereses dos veciños afectados que ven como as sucesivas obras realizadas no entorno, tantos as de duquesa, como as de ponte Paradai” afirmou Abraira que aclarou que “o BNG reuniuse, escoitou as demandas veciñais e vai trasladar ao concello e ao Parlamento Galego este asunto”. “Hai que buscarlle acomodo ás demandas do veciños e esixirlle aos respectivos gobernos do PP e do PSOE que garanticen os accesos en condicións a estas vivendas” dixo Abraira que explicou que “a construción da  nova rotonda pode crear problemas de perda de valor e de posibles filtracións ás vivendas”.

ABRAIRA DIXO QUE “É O MOMENTO DE QUE SE CUMPRAN OS COMPROMISOS COS VECIÑOS DE ORBAZAI E DE PARADAI"