Arroxo asegura “a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río”

Arroxo asegura “a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río”

chnsO voceiro do BNG-AA alegrouse da boa disposición da alcaldesa “para ampliar o número de zonas de baño” e considera que “a nosa proposta é óptima para multiplicar os espazos de baño”

“A quen vive en Lugo vaille resultar difícil creer que se van facer dúas zonas de baño cando en 7 anos nos se fixo ningunha” sinalou Rubén Arroxo

Lugo, 9 de agosto 2016. O voceiro grupo municipal do BNG-AA referiuse á posible creación de máis de unha zona de baño no río Miño, alegrouse da boa disposición da alcaldesa “para ampliar o número de zonas de baño” e considera que “a nosa proposta é óptima para multiplicar os espazos de baño”. “Xa reiteramos que o noso proxecto está a disposición do goberno municipal e tamén nos ofrecemos a asesoralos en canto aos trámites coa Confederación Hidrográfica” dixo Arroxo.

Rubén Arroxo explicou, sobre o proxecto plantexado polo BNG –AA, para a creación de zonas de baño, “a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río”. Segundo sinalou o edil nacionalista “o proxecto de acceso desmontable que presentamos é asumible economicamente, é sostible e non provoca impacto ambiental nin paisaxístico” e engadiu “o que se precisa non son grandes obras de investimentos millonarios, soamente se trata de poder entrar e saír da auga con comodidade e seguridade”.

O BNG-AA mantén que lugar idóneo para a creación da zona pública de baño é a zona das Saamasas. “Evidentemente tampouco nos negamos a que se sitúen zonas de baño noutros puntos do río, pero a nosa aposta é de empezar facendo o de As Saamasas” asegurou Arroxo. O BNG-AA seguirá traballando para que Lugo conte coa zona de baño pública e “ante a inacción que se percibe” iremos traballando pola nosa conta por que “os lucenses saben que o goberno municipal nin está, nin se lle espera”.

En relación ás reaccións da alcaldesa e do goberno municipal sobre a proposta que o BNG-AA está tramitando coa Confederación Hidrográfica, Arroxo asegurou que “é positivo que agora se anuncien máis zonas de baño” mais “a quen vive en Lugo vaille resultar difícil creer que se van facer dúas zonas de baño cando en 7 anos nos se fixo ningunha”. Rubén Arroxo sinalou que “levan 7 anos mareando a perdiz, amparados en trámites burocráticos inexistentes, e que teñamos zona de baño depende unicamente da vontade de facela ou non facela”.

Arroxo asegura “a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río”