Arroxo promoverá unha viaxe a Pontevedra para coñecer o modelo de mobilidade implantado polo BNG

Arroxo promoverá unha viaxe a Pontevedra para coñecer o modelo de mobilidade implantado polo BNG

IMG_8894“Queremos que representantes de todos os grupos políticos, colectivos socais e veciñais nos acompañen para coñecer pros e contras dun modelo que pode ser aplicable a Lugo” afirmou Arroxo

Rubén Arroxo animou a todos os colectivos lucenses a participar nesta visita porque “é o momento de debater sobre o modelo de cidade que queremos para Lugo”

Lugo, 30 de setembro, 2015. Rubén Arroxo trasladou aos grupos políticos da corporación unha proposta para realizar unha visita á cidade de Pontevedra. Dende o BNG-Asambleas Abertas promoverán unha viaxe coa intención de amosar, in situ, o modelo de mobilidade implantado polo BNG en Pontevedra. “Queremos que representantes de todos os grupos políticos, colectivos socais e veciñais, ademais de medios de comunicación, nos acompañen para coñecer pros e contras dun modelo que pode ser aplicable a Lugo” asegurou Rubén Arroxo.

Nesta visita, que se levará a cabo despois das festas de San Froilán, o obxectivo é coñecer de primeira man os pros e contras que supón para unha cidade a implantación de determinados aspectos conducentes á mellora da mobilidade. Arroxo recalcou a importancia de “coñecer sobre o propio terreo as actuacións que se levaron a cabo e como incidiron sobre a vida na propia cidade”.

Arroxo lembrou que no pasado pleno do concello de Lugo se aprobaron, por unanimidade, iniciativas con propostas que xa están a funcionar en Pontevedra e indicou que “poderemos aprender e contrastar sobre o terreo como é aplicación práctica para converter rúas en zona 30, implantar aparcadoiros disuasorios, promover o uso da bicicleta, crear zonas de tráfico calmado, etc...”.

Rubén Arroxo animou a todos os colectivos lucenses, que estean interesados, a participar nesta visita porque “é o momento de debater sobre o modelo de cidade que queremos para Lugo e todos temos que aportar ideas e propostas para que o resultado final sexa o dun concello máis amable coas persoas, atractivo para o turismo, comprometido co seu patrimonio e con expectativas de futuro para quen aquí habita”.

Arroxo promoverá unha viaxe a Pontevedra para coñecer o modelo de mobilidade implantado polo BNG