O BNG-AA dará o seu o apoio a todas as accións que supoñan avanzar no uso do galego no concello

O BNG-AA dará o seu o apoio a todas as accións que supoñan avanzar no uso do galego no concello

IMG_6317“O feito de aprobar unha ordenanza de uso do galego por unanimidade foi un avance na normalización deste concello pero aínda se pode seguir mellorando” dixo Maite Ferreiro

Para o BNG – AA o seguinte paso ten que ser que o galego se utilice con normalidade en toda a sinaléptica municipal e nas comunicacións internas do concello

Lugo, 13 de maio 2016. Nas vésperas da celebración do día das letras galegas a edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, sinalou a necesidade de continuar avanzando na normalización do uso do galego no concello de Lugo. Maite Ferreiro dixo que “o feito de aprobar unha ordenanza de uso do galego por unanimidade foi un avance na normalización deste concello pero aínda se pode seguir mellorando”. A edil do BNG – Asembleas Abertas sinalou que “a respecto do uso do idioma cónstanos que hai implicación e compromiso por parte de todos os grupos da corporación e a pesares de ter recibido ataques externos, quedou claro que todos remamos na mesma dirección”.

Maite Ferreiro ofreceu o apoio do BNG-AA para todas aquelas accións que supoñan un avance no uso do idioma e felicitou a todo o persoal e funcionariado que “cónstanos que se implican cada día dende o seu posto de traballo para que o uso do galego sexa normal nesta administración”. Para o BNG – AA o seguinte paso ten que ser que o galego se utilice con normalidade en toda a sinaléptica municipal e nas comunicacións internas do concello “e tamén nos sinais de tráfico”. Ferreiro referiuse a algúns sinais de tráfico nos que as placas informativas están unicamente en idioma español e tamén a algúns sinais que se colocan de xeito temporal para os desvíos da circulación, ou sinais como o que está na entrada do punto limpo do Ceao.

O BNG impulsou no ano 2012, no seu paso polo goberno municipal, a aprobación dunha ordenanza municipal para o uso do galego. Maite Ferreiro destacou que “o Concello de Lugo é un Concello cumpridor no uso do galego” e engadiu que “a aprobación da ordenanza supuxo darlle formalidade ao traballo que xa estaba feito neste eido e supuxo unha garante para os cidadáns no uso do idioma galego nas súas relacións coa administración local”.

O BNG-AA dará o seu o apoio a todas as accións que supoñan avanzar no uso do galego no concello