O BNG –AA inicia mañá unha sería de charlas sobre alternativas enerxéticas

O BNG –AA inicia mañá unha sería de charlas sobre alternativas enerxéticas

Cartaz electricasUn técnico da cooperativa Nosa Enerxía, adicada á comercialización de enerxía eléctrica, impartirá unha charla mañá, martes ás 19:00 horas, no Centro Social Maruja Mallo

En relación aos orzamentos municipais Rubén Arroxo lembrou que “non existe ningún compromiso co goberno municipal de cara á aprobación, ou non, dos orzamentos”

Lugo, 25 de xaneiro de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG – Asembleas Abertas inicia mañá unha serie de charlas sobre alternativas enerxéticas “para amosar diferentes proxectos que se están a levar a cabo neste país que supoñen unha alternativa ás grandes compañías eléctricas”. Arroxo dixo que “hoxe hai outras formas de comercialización e produción enerxética e queremos dalas a coñecer para que as institucións e a xente poida decidir por que modelo aposta”.

BNG - Asembleas Abertas programou para mañá martes unh charla sobre os modelos cooperativos de comercialización de enerxía. A charla será impartida por un técnico da cooperativa Nosa Enerxía, adicada á comercialización de enerxía eléctrica, a charla será mañá, martes 26 de xaneiro ás 19:00 horas, no Centro Social Maruja Mallo. Nosa Enerxía é a primeira cooperativa galega que te por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada.

Arroxo lembrou que o xoves será tratada, no pleno do concello de Lugo, unha proposición do BNG – Asambleas Abertas na que se insta ao goberno municipal a estudar a posibilidade de que o abastecemento enerxético do concello se faga a través dunha destas cooperativas.

Orzamentos municipais

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, advertiu que non existe ningún compromiso co goberno municipal de cara á aprobación, ou non, dos orzamentos municipais. Arroxo lembrou “os incumprimentos do PSOE” en relación ao acordado para a investidura da alcaldesa e sinalou que o goberno aínda non entregou aos grupos da oposición toda a documentación necesaria para avaliar a proposta de orzamentos.

O BNG –AA inicia mañá unha sería de charlas sobre alternativas enerxéticas