O BNG-AA pedirá no pleno do concello un plan para atender a posible chegada de refuxiados de Siria

O BNG-AA pedirá no pleno do concello un plan para atender a posible chegada de refuxiados de Siria

IMG_1296Rubén Arroxo apelou á “solidariedade internacionalista” e afirmou que “isto non é caridade se non unha obriga”

Lugo, 14 de setembro de 2015.  O voceiro do BNG-Asembleas Abertas no concello de Lugo anunciou a presentación dunha iniciativa, por vía de urxencia, para reclamar un plan de atención aos refuxiados do conflito sirio que poidan chegar a Lugo e a Galiza. Rubén Arroxo explicou que “compre que  cada adaministración asuma as súas responsabilidades con urxencia na crise humanitaria que están vivindo as persoas refuxiadas e migrantes en Europa e na contorna do Mediterráneo e que promova, no marco das institucións europeas, un xiro nas políticas de asilo e de cooperación cos países empobrecidos, e tamén demandar que rompa co coñecido como Protocolo de Dublín”.

Ademais os nacionalistas, que levarán esta proposición á maior parte dos concellos galegos, reclamarán a intervención da FEGAMP e do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade para que colabores cos concellos á hora de facilitar o acollemento das persoas refuxiadas. Un dos puntos recollidos dentro da iniciativa presentada polo BNG-Asembleas Abertas recolle a necesidade de “xestionar a mobilización e disposición de créditos orzamentarios para axudar as persoas refuxiadas ou migrantes asentadas no noso concello” segundo explicou Arroxo.

Arroxo insistiu en que “non se pode agardar á chegada de persoas refuxiadas para tomar decisións, débese facer unha previsión” e engadiu que “unha administración como o concello de Lugo debe ter a sensibilidade suficiente sobre este tipo de asuntos” criticou “a desidía coa que se está a tratar este problema dende a UE” e “a falta de medios para resolver o drama humano nin os problemas sociais, económicos ou políticos”.

Arroxo dixo que o concello deberá contactar con entidades humanitarias que xa están a colaborar na atención a refuxiados e inmigrantes “por que coñecen cales son as problemáticas a resolver e que medidas se deben tomar”. Rubén Arroxo advertiu que “non se debe utilizar este asunto e tachou de irresponsables aos que promoven o medo coa a chegada de inmigrantes e refuxiados e ameazan co efecto chamada”.

O voceiro do BNG -  Asembleas Abertas lembrou que “siria era un país estable ata fai moi pouco e neste momento vemos como os seus habitantes están a sufrir os desastres dunha guerra que non provocaron” e engadiu que “unha situación coma esta pode xurdir en calquera país e lembramos como moitos galegos e galegas tiveron que exiliarse por motivos similares durante século XX baixo a o réxime franquista”. Arroxo apelou á “solidariedade internacionalista” e afirmou que “isto non é caridade se non unha obriga”.

O BNG-AA pedirá no pleno do concello un plan para atender a posible chegada de refuxiados de Siria