O BNG – AA pediu unha xunta de voceiros para analizar a sentenza sobre a ordenanza do uso do idioma

O BNG – AA pediu unha xunta de voceiros para analizar a sentenza sobre a ordenanza do uso do idioma

IMG_1827“O acordo sobre a ordenanza foi unánime e a corporación ten que actuar de xeito conxunto” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 4 de marzo de 2016. Rubén Arroxo púxose en contacto coa alcaldesa, Lara Méndez para propoñerlle a convocatoria urxente para a celebración dunha xunta de portavoces na que se informe, a todos os grupos, sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xutiza de Galiza en relación á ordenanza de uso do idioma. Arroxo sinalou que “o acordo sobre a ordenanza foi unánime e a corporación ten que actuar de xeito conxunto” e lembrou que “entendemos que a ordenanza é aberta e respecta as liberdades individuais de uso do idioma, a verdadeira imposición é a que pretende facer este grupusculo que a través dos tribunais tenta modificar decisións democráticas dos representantes do pobo”.

Arroxo agradeceu a prontitude coa que respondeu o equipo de goberno que anunciou a súa disposición para convocar a xunta de voceiros nos primeiros días da vindeira semana e sinalou que “dende o BNG – Asembleas Abertas estamos dispostos a apoiar calquera decisión que beneficie o noso idioma e que sirva para defender ás institucións democráticas e ás decisións que nelas se toman”. Rubén Arroxo puntualizou que “o goberno municipal debe actuar con premura por que o prazo para a presentación dos correspondentes recursos é de 10 días”.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas explicou que a sentenza, unicamente redactada en idioma español, afecta, no concreto, aos apartados 1 e 2 do artigo primeiro da ordenanza referidos ao galego como "lingua propia de Galiza, é idioma oficial do Excmo. Concello de Lugo" polo que "as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia". A este respeito o Tribunal anula esta parte ao considerar que "ao silenciar a referencia ao castelán (...) dan a entender que este non é idioma oficial ou que só son válidas as actuacións administrativas en galego".

Os apartados 3 2 a) e 5 do artigo 3 referidos aos rogos e preguntas das sesións administrativas que "ningunha norma impón que teñen que facerse en galego polo que poden realizarse en castelán", si o Tribunal, ao tempo que suprime "a rotulación indicativa de oficinas e despachos" cuxo "carácter informativo exixe que así mesmo estexa redactada en castelán a efectos do seu coñecemento por todos" (sic).

Suprime "a rotulación indicativa de oficinas e despachos" cuxo "carácter informativo exixe que así mesmo estexa redactada en castelán a efectos do seu coñecemento por todos". Tamén fican anulados os apartados 2 e 3 do artigo 4 da Ordenanza referidos a contratistas e provedores municipais a quen se lles "demandatá" que "fagan uso do galego nos bens e servizos que sexan obxecto do contrato". Neste senso o TSXG entende que este feito é "contrario ao dereito de uso do castelán que estabelecen a Constitución e o estatuto de Autonomía".

De igual maneira, a sentenza tomba parte do artigo 5 referido ao desenvolvemento en lingua galega dos expedientes administrativos e a súa posterior tradución ao español se así fixer falla ou fose solicitado. Segundo o fallo xudicial "unha tradución do orixinal galego" é "contraria ao uso normal e oficial dos dous idiomas" polo que suprime a referencia a que se "fará constar que é tradución orixinal en galego".

O ámbito "lingüístico" e a "discriminación"

O Tribunal pronúnciase a respeito da expresión ámbito "lingüístico" galego até en dúas ocasións e acepta a impugnación porque coidan que "vai en contra do dereito de toda persoa ao uso do castelán" estabelecido na Constitución española e o Estatuto, di a respeito das intervencións dos "cargos electos".

Tilda de "discriminación" a impartición da formación profesional do persoal en lingua galega e asegura que se produce unha "discriminación" cando, no artigo 24, a Ordenanza se refire á impartición da formación profesonal do persoal do Concello en lingua galega. "Sendo deber constitucional o coñecemento do castelán e un dereito o seu uso por todos, a formación exclusivamente nunha das linguas oficiais podería limitar a adquisición polos traballadores municipais de coñecementos necesarios para o exercicio das súas funcións".

O mesmo argumento emprega para xustificar a anulación do artigo 22 no referido á valoración de que "as actividades realizadas constribúan a normalizar o uso da lingua galega" e o feito de que "as comunicacións orais e escritas" destas actividades "deberán estar sempre en lingua galega".

O BNG – AA pediu unha xunta de voceiros para analizar a sentenza sobre a ordenanza do uso do idioma