O BNG-AA pide que se arranxen as deficiencias do parque infantil de Campo Castelo

O BNG-AA pide que se arranxen as deficiencias do parque infantil de Campo Castelo

IMG_7537O voceiro do BNG-AA lembrou “o BNG-AA xa propuxo, recentemente, a instalación doutra zona de xogo na zona centro da cidade”

Lugo, 11 de agosto 2016. O BNG-AA solicitaralle ao goberno municipal que se proceda a solucionar as deficiencias que presenta a zona de xogo infantil do Campo Castelo. O voceiro municipal, Rubén Arroxo, sinalou que “o pavimento é a zona máis deteriorada, pero tamén hai columpios e xogos que presentan deficiencias”. Arroxo sinalou, tamén, “recibimos queixas de varias familias que tiveron varias mancaduras das súas fillas e fillos”. O parque infantil do Campo Castelo é un dos máis utilizados na cidade pola súa situación e por que é o único existente dentro de murallas xunto co do Cantiño.

O BNG - AA xa presentará unha proposta, no pleno da corporación, para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol. Arroxo lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos” e explicou que “as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.

Para o BNG – Asembleas Abertas a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol “totalmente asumible polo concello” xa que “trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade”. Rubén Arroxo sinalou que a zona xa ten espazos de sombra e mobiliario urbán. “Ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades” afirmou a edil nacionalista.

O BNG-AA pide que se arranxen as deficiencias do parque infantil de Campo Castelo