O BNG–AA pide a retirada da bandeira da Unión Europea dos edificios municipais de Lugo

O BNG–AA pide a retirada da bandeira da Unión Europea dos edificios municipais de Lugo

bande“As políticas da UE coas persoas que fuxen da guerra e da miseria obríganos a propoñer esta acto de repulsa contra as políticas dictadas dende Bruxelas” dixo Rubén Arroxo

 O BNG – AA busca “un xesto simbólico para evidenciar a vergoña que sentimos de pertencer a unha Unión Europea disposta a tratar como animais a persoas refuxiadas”

Lugo, 13 de marzo de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamoulle á alcaldesa socialista que se proceda á retirada das bandeiras da Unión Europea (UE) dos espazos oficiais do Concello e dos edificios municipais, “en sinal de protesta polo acordo acadado ente a UE e Turquía para expulsar, sen posibilidade de solicitar asilo, a todas as persoas chegadas dende paises en conflicto e pola deriva que tomaron as políticas da UE en materia migratoria”.

Arroxo explicou que, o grupo municipal do BNG – Asembleas Abertas considera que o acordo económico imposto pola UE e Turquía “viola os dereitos humanos fundamentais, tal e como indicou a ONU” e sosten que o concello de Lugo “non pode permanecer alleo nin impasible ante unha decisión deste tipo”. Rubén Arroxo pediulle a Lara Méndez e ao grupo do PSOE que “non miren cara outro lado e que, ademais atender os problemas internos do partido, tomen medidas para visibilizar o apoio do concello de Lugo ás persoas que quedan sen saída ante unha situación de inxustiza de proporcións inconcibibles neste século”.

O portavoz do BNG – AA lembrou que “a maioría dos lucenses, galegas e galegos non apoia un acordo que atenta contra a legalidade internacional e os dereitos humanos” e engadiu que “o mínimo que podemos facer dende o concello é un xesto simbólico para evidenciar a vergoña que sentimos de pertencer a unha Unión Europea disposta a tratar como animais a persoas que fuxen dunha guerra provocada dende occidente”.

O BNG–AA pide a retirada da bandeira da Unión Europea dos edificios municipais de Lugo