O BNG-AA propón aproveitar agosto para solventar as numerosas deficiencias das garderías municipais

O BNG-AA propón aproveitar agosto para solventar as numerosas deficiencias das garderías municipais

IMG_5178“Todo o mes de xullo estivo un radiador aceso na de Gregorio Sanz e os biberóns prepáranse no mesmo espazo no que se cambian os cueiros e están os inodoros” explicou Maite Ferreiro

Os ediles do BNG-AA visitaron durante estes últimos meses as escolas infantís municipais para coñecer o seu funcionamento

Lugo, 21 de xullo 2016. “Todo o mes de xullo estivo un radiador aceso na de Gregorío Sanz e os biberóns prepáranse no mesmo espazo que se cambia nos cueiros e están os inodoros” explicou Maite Ferreiro que exemplificou así as deficiencias existentes nas escolas infantís municipais. A edil do BNG–AA, Maite Ferreiro, que visitou a totalidade escolas infantís municipais dixo que “non se trata de cuestións graves que poñan en cuestión o funcionamento deste servizo municipal pero o goberno debe poñerse a traballar para solventalas”.

O BNG-AA propón aproveitar agosto para dar solución as numerosas deficiencias das garderías municipais. Maite Ferreiro sinalou que “resulta incribel que, por exemplo, non se arranxe o problema da calefacción da Escola Infantil Gregorio Sanz que leva todo o curso funcionando mal e que durante todo o mes de xullo permaneceu, pese ás altas temperaturas, cun radiador aceso por que ninguén era capaz de apagalo”.

Para o BNG-AA resulta “difícil de entender” que o goberno municipal, sendo coñecedor desta serie de problemas, non actúe de xeito inmediato para darlles solución. “Todos sabemos que se trata das instalacións máis sensibles de todas as que posue o concello polo tipo de servizo que se ofrece nelas e por ser utilizadas por crianzas de moi curta idade” dixo Maite Ferreiro e reclamou do goberno municipal “a eficiencia necesaria para que en setembro estas cousas queden resoltas”.

Ferreiro chamou, tamén, a necesidade de que se exerza o debido control sobre as empresas que prestan servizos nestes centros municipais e, tamén, sobre o funcionamento das propias Escolas. “Temos que ter garantías de que as comidas que se serven, ás nenas e nenos, se correspondan realmente cos menús deseñados para a súa dieta” suliñou a edil do BNG-AA.

O BNG-AA propón aproveitar agosto para solventar as numerosas deficiencias das garderías municipais