O BNG-AA propón instalar unha zona de xogo infantil na praza do Ferrol

O BNG-AA propón instalar unha zona de xogo infantil na praza do Ferrol

IMG_20160718_130301Maite Ferreiro dixo que “convertendo a praza do Ferrol nunha zona de tráfico calmado gañaremos unha zona máis para as persoas”

Os nacionalistas levarán unha iniciativa ao vindeiro pleno da corporación

Lugo, 18 de xullo 2016. O BNG - AA presentará unha proposta, no vindeiro pleno da corporación, para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol. A edil Maite Ferreiro lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos”. Ferreiro explicou que “as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.

Para o BNG – Asembleas Abertas a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol “totalmente asumible polo concello” xa que “trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade”. Maite Ferreiro sinalou que a zona xa ten espazos de sombra e mobiliario urbán. “Ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades” afirmou a edil nacionalista.

Trátase pois de “asumindo poucos costes, convertrr a praza do Ferrol en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes e usuarios do centro médico que teñan que acceder co vehículo ata a entrada do centro sanitario”. Maite Ferreiro dixo que “convertendo a praza do Ferrol nunha zona de tráfico calmado gañaremos unha zona máis para as persoas”

O BNG-AA propón instalar unha zona de xogo infantil na praza do Ferrol