O BNG-AA propuxo, no foro de igualdade, dar visibilidade o 8 de marzo ás mulleres refuxiadas

O BNG-AA propuxo, no foro de igualdade, dar visibilidade o 8 de marzo ás mulleres refuxiadas

MaiteMaite Ferreiro pediu que se fagan público un balance sobre o nivel de cumprimento das iniciativas do 3º plan de igualdade do concello de Lugo

Dende o BNG – AA manifestaron a necesidade de incrementar a participación de mulleres a título individual e colectivos no Foro de Igualdade

Lugo, 5 de febreiro de 2016. O BNG – Asembleas Abertas presentou no Foro de Igualdade, celebrado hoxe no concello de Lugo, unha proposta para que os actos que se programen arredor do 8 de marzo sirvan para visibilizar ás mulleres refuxiadas. Maite Ferreiro explicou que “as mulleres refuxiadas non somentes son as que escapan da guerra se non tamén as que escapan da fame e teñen que acabar vivindo en condicións de explotación e infrahumanas” e engadiu que “todas sabemos o que sucede coas mulleres que toman a decisión de saír do seu país e sufren situacións de maltrato e vexación”.

A edil do BNG – Asembleas Abertas solicitou que, dende o concello, se faga “un esforzo” para promover unha maior participación no Foro de Igualdade “tanto de colectivos como de persoas a título individual”. Ferreiro dixo que “para que o Foro se manteña vivo e activo é importante que ano a ano se vaian incorporando persoas e entidades que teñen preocupacións e que están a traballar en diferentes eidos que poden contribuír a unha sociedade máis igualitaria”.

Maite Ferreiro pediu, nunha das súas intervencións, que se faga público o balance sobre o nivel de cumprimento do 3º plan de igualdade que levou a cabo o concello de Lugo durante o pasado mandato. Tamén quixo saber a concelleira do BNG – AA cales foron os medios cos se contou para a realización deste plan e cales foron os motivos que impediron o cumprimento daqueles obxectivos que non se acadaron. O BNG – Asembleas Abertas, ademais de participar nos actos institucionais programados, promoverá actos reivindicativos de cara ao día 8 de marzo.