O BNG-AA propúxolles aos grupos da corporación a integración do concello de Lugo no proxecto APEGO

O BNG-AA propúxolles aos grupos da corporación a integración do concello de Lugo no proxecto APEGO

IMG_5247Trátase dunha iniciativa, en rede, promovida polos Servizos de Normalización Lingüística de concellos para ofertar ferramentas en galego para as familias

Na rede APEGO xa están integrados os concellos como Carballo, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Santiago de Compostela e Vigo

Lugo, 24 de maio de 2016. O BNG – Asembleas Abertas trasladou á xunta de voceiros do concello de Lugo unha proposta para presentar unha declaración institucional conxunta, no vindeiro pleno, na que se aprobe a integración do concello de Lugo no proxecto APEGO. A edil Maite Ferreiro explicou que “o proxecto APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Creado dende os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo e máis da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

O BNG – Asembleas Abertas presenta esta iniciativa dentro deste mes da letras galegas “para acometer, dende o pleno da coporación unha acción concreta e eficaz de apoio á nosa lingua”. “O principal obxetivo desta iniciativa é dispoñer de ferramentas para as familias que queren que a lingua galega forme parte da súa vida, de cara a axudar a socializar en galego os nenos e nenas entre 0 e 6 anos” dixo Maite Ferreiro e sinalou que “entendemos que a proposta contará co apoio de todos os grupos e da actual concelleira de promoción da lingua que é coñecedora deste proxecto xa que participou, en novembro do pasado ano, no Encontro de Política Lingüística Municipal que se celebrou en Santiago de Compostela e no que foi presentado este proxecto” .

“De cara a fomentar que as nenas e nenos teñan a capacidade e coñecemento para nun futuro seren libres de poder falar na lingua galega, o Concello de Lugo debe sumarse ao maior número de iniciativas que sexa posible a prol do noso idioma, iniciativas tales como a deste proxecto APEGO” afirmou a edil do BNG – Asembleas Abertas e engadiu que “presentamos esta proposta de declaración institucional xa que entendemos que todos os acordos relativos á promoción da lingua deben ser consensuados e non utilizados como ferramenta de liorta política”.

O BNG-AA propúxolles aos grupos da corporación a integración do concello de Lugo no proxecto APEGO