O BNG ACUSA A OROZCO DE INCUMPLIR A SÚA PALABRA CO COLECTIVO DE TAXISTAS

O BNG ACUSA A OROZCO DE INCUMPLIR A SÚA PALABRA CO COLECTIVO DE TAXISTAS

O goberno municipal non convocou a comisión de tráfico prevía ao vindeiro pleno municipal para tratar os cambios relativos ao funcionamento do taxi en Lugo

Lugo, 22 de febreiro de 2013. Antón Bao acusou está mañá ao goberno municipal de Lugo de incumprir a súa promesa de celebrar unha xuntanza da comisión de tráfico para tratar temas relacionados co funcionamento dos taxis na cidade. Bao advertiu que ao non celebrarse esta xuntanza da comisión non será posible levar ao pleno do vindeiro luns, 4 de marzo, a proposta de modificacións que fora presentada polo BNG dacordo co colectivo de taxistas.

O pasado luns, 18 de febreiro, o goberno municipal do concello de Lugo convocou a todos os grupos políticos, a representantes do colectivo de taxistas e a técnicos municipais para debater a proposta que fora presentada no Pleno Municipal do pasado mes de xaneiro. Tras esta xuntanza o goberno municipal estableceu o seu firme compromiso de convocar unha nova xuntanza para concretar todos os puntos necesarios e así poder cumprir os pasos necesarios para para elevar as propostas do colectivo do taxi ao Pleno do Concello.

A moción, que fora presentada polo BNG ante o pleno da corporación do pasado mes de xaneiro, recollía as propostas que o colectivo de taxistas plantexou para mellorar o servizo que prestan á cidadanía. Naquel mesmo pleno pediuse que se crease unha comisión, con participación dos taxistas, para materializar o acordo acadado de traballar sobre as propostas do colectivo. Segundo Antón Bao “a nosa crítica via no sentido na deixadez e falta de compromiso do goberno municipal e esto provocará un retraso nas modificacións acordadas”. Bao engadiu que “todas estas reformas son positivas para os usuarios e para o servizo do taxi en Lugo”.

Máis información relacionada:

http://bng.gal/lugocentro/2013/02/18/o-concello-de-lugo-avanza-para-materializar-as-propostas-do-bng-e-mellorar-o-servizo-de-taxi/

 

http://bng.gal/lugocentro/2013/01/22/o-bng-pide-cambios-para-mellorar-o-funcionamento-do-servizo-de-taxi-na-cidade/

 

O BNG ACUSA A OROZCO DE INCUMPLIR A SÚA PALABRA CO COLECTIVO DE TAXISTAS