O BNG – Asembleas Abertas pide unha solución para a apertura dos baños públicos

O BNG – Asembleas Abertas pide unha solución para a apertura dos baños públicos

IMG_5480Maite Ferreiro lembrou que estes servizos están pechados dende fai máis dun ano e “a pesares das promesas do goberno municipal aínda non se buscou solución”

“Coa chegada da primavera e do verán é preciso abrir os baños públicos da cidade, polo servizo que dan e pola imaxe da propia cidade” dixo Maite Ferreiro

Lugo, 12 de abril 2011. A edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, anunciou hoxe que a formación que representa presentará unha serie de preguntas, dirixidas á comisión de desenvolvemento económico, protección da comunidade e concello e cidadanía, relativas ás previsións do goberno municipal sobre os baños públicos que neste momento se atopan pechados dende que deixaron de funcionar os quioscos aos que están vencellados. Maite Ferreiro lembrou que fai máis de un ano que estes quioscos están pechados e que dende aquel momento “Lugo quedou sen baños públicos nas prazas nas que antes había este servizo público”.

Neste momento permanecen pechados os baños públicos que había nas prazas Maior, da Milagrosa e Santo Domingo e a edil do BNG – Asambleas Abertas, Maite Ferreiro indicou “estamos ás portas da primavera e do verán e entendemos que o goberno municipal ten que buscar unha solución para que, nestas épocas, as persoas que nos visitan e toda a xente que sae á rúa dispoña destes servizos públicos que levan pechados máis dun ano”.

As dificultades económicas provocaron o peche dos quioscos xestionados por COGAMI a principios do ano 2015 e o concello, dende aquel momento, non foi capaz de atopar unha solución para a reapertura dos baños públicos. Maite Ferreiro lembrou que en marzo do pasado ano o goberno municipal socialista anunciou publicamente que “estaban a buscar unha solución”. Para o BNG – Asembleas Abertas é o momento de que o concello rescate a concesión para volver a adxudicalos e que a reapertura sexa posible.

Na Praza Maior houbo durante décadas uns urinarios soterrados, que foron definitivamente pechados coincidindo coa apertura dos quioscos dotados de aseos; en virtude daquel acordo municipal, os encargados dos quioscos eran os responsables de manter limpios os servizos. “Trátase dun servizo público básico, e os baños que naquel momento se deseñaran eran accesibles o que supuxo un gran avance” finalizou a edil nacionalista.

O BNG – Asembleas Abertas pide unha solución para a apertura dos baños públicos