O BNG - Asembleas Abertas preguntará por que non se iniciaron as obras do ascensor do Sgdo. Corazón

O BNG - Asembleas Abertas preguntará por que non se iniciaron as obras do ascensor do Sgdo. Corazón

IMG_4492Maite Ferreiro sinalou que “non hai nin rastro da obra e no mes de maio xa estaba adxudicada, o prazo de execución era de catro meses”

Para o grupo do BNG-AA non é comprensible que “sigamos xogando á política de prometer e non cumprir cunha obra que é necesaria, está adxudicada e conta co partida orzamentaria”

Lugo, 12 de xaneiro de 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, presentou hoxe unha pregunta dirixiida ao goberno municipal para saber cales son as razóns de que non se iniciaran, aínda, as obras de instalación do ascensor do Sagrado Corazón. Maite Ferreiro lembrou que xa pasaron máis de 6 meses dende a toma de posesión do actual goberno municipal e “a veciñanza do Sagrado Corazón segue sen ascensor”.

Maite Ferreiro lembrou as numerosas veces que se prometeu e anunciou esta obra por parte dos gobernos socialistas no concello de Lugo e sinalou que “non hai nin rastro da obra e no mes de maio xa estaba adxudicada, o prazo de execución era de catro meses”. Para o grupo do BNG-AA non é comprensible que “sigamos xogando á política de prometer e non cumprir cunha obra que é necesaria, está adxudicada e conta co partida orzamentaria”.

Ferreiro lembrou que para a execución desta obra había un orzamento inicial de 222.000 euros e fora adxudicada en 189.769, ademais o proxecto fora redactado pola empresa municipal EVISLUSA e xa se presentou, no ano 2013, o proxecto definindo as características do ascensor que será acristalado e terá capacidade para transportar ata 12 persoas.

O BNG - Asembleas Abertas preguntará por que non se iniciaron as obras do ascensor do Sgdo. Corazón