O BNG – Asembleas Abertas promoveu un acto simbólico de substitución dos nomes franquistas de rúas

O BNG – Asembleas Abertas promoveu un acto simbólico de substitución dos nomes franquistas de rúas

IMG_2307  Rubén Arroxo dixo que “damos cumprimento a un acordo plenario que o goberno municipal é incapaz de executar”

Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou no mes de maio a substitución do nome de sete rúas que aínda manteñen nomes de persoas relacionadas co réxime franquista

Lugo, 21 de outubro 2015. O BNG – Asembleas Abertas promoveu hoxe un acto simbólico de substitución dos nomes das rúas que aínda conservan, en Lugo, o nome de persoas relacionadas co réxime franquista. Rubén Arroxo afirmou que “dende o BNG-Asembleas Abertas temos claro que non podemos permitir que continúe habendo nomes nas rúas que sirvan de homenaxe a quenes foron responsables do asasinato de miles de persoas e de suplantar un goberno democraticamente elixido” e engadiu que “xa é hora de que Lugo quede libre das pegadas do fascismo”.

IMG_2342Os nacionalistas colocaron novas placas cos nomes que foron aprobados no pleno da corporación do pasado mes de maio e urxiron, ao goberno municipal, “que acometa a substitución dos nomes das rúas tal e como foi acordado no pleno da corporación”. Os nacionalistas iniciaron o acto cunha simbólica colocación da placa co nome de Mártires de Carral na praza que aínda se denomina de Comandante Manso.

Arroxo indicou que “foi o BNG quen impulsou, sempre, estes cambios no concello de Lugo” e lembrou que o primeiro cambio de nomes franquistas na rúas de Lugo acometeuse no mandato do 1999 e iniciouse, de novo, no pasado mandato pola vontade do BNG mentres estivo no goberno municipal. Arroxo indicou que no pleno do 7 de outubro de 2013 foi aprobada unha iniciativa do BNG na que se instaba a celebrar unha xuntanza da comisión do rueiro para analizar este asunto e esta comisión, reunida o 27 de novembro de 2013, elaborou unha proposta que o PSOE retirou da orde do día da sesión plenaria do 30 de xuño de 2014.

IMG_2354Finalmente o pleno do concello de Lugo celebrado o 5 de maio de 2015 aprobou, cos votos en contra do PP, unha proposta para substitución destes nomes. Desta maneira, cambiarán de nome as rúas Cedrón del Valle que será Isaac Díaz Pardo, a do Tenente Coronel Teijeiro por Lois Peña Novo e a glorieta Comandante Manso denominarase Mártires de Carral. Por outro lado, Irmásn Pedrosa será denominada como Xaquin Lorenzo, a rúa General Tella será rúa Avelino Pousa Antelo, e Ruíz de Alda pasará a ser Luis Cordeiro. Outro dos cambios é que a Avenida Carlos Azcárraga pasará a chamarse Avenida de Adolfo Suárez, primeiro Presidente do goberno español elixido nunhas eleccións xerais libres.

O BNG – Asembleas Abertas promoveu un acto simbólico de substitución dos nomes franquistas de rúas