O BNG – Asembleas Abertas reclama un maior control da empresa adxudicataria do servizo de limpeza

O BNG – Asembleas Abertas reclama un maior control da empresa adxudicataria do servizo de limpeza

IMG_20160212_092254“O abandono e mal funcionamento dos contedores soterrados provoca unha mala imaxe no casco histórico da cidade” dixo Arroxo

O goberno municipal ten que contr olar se a empresa adxudicataria de recollida do lixo garante a separación de residuos sólidos

Lugo, 13 de febreiro de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamoulle ao goberno municipal que realice un maior control do traballo executado pola empresa adxudicataria do servizo de limpeza e recollida do lixo. Arroxo denunciou que estado de conservación dos contedores soterrados que se atopan no casco hitórico da cidade e dixo que “o abandono e mal funcionamento provoca unha mala imaxe da cidade”.

Arroxo incidiu na necesidade que, dende o concello, se controle o traballo da empresa adxudicataria e se esixa o cumprimento do prego do condicións. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que a empresa URBASER cobra do concello máis de 6 millóns de euros por este servizo e “non pode ser que uns contedores que se instalaron para mellorar a imaxe da cidade se convertan en puntos de feismo urbanístico en pleno casco histórico”.

Os contedores soterrados da praza da Soidade presentan un aspecto de absoluto abandono co empedrado levantado e o perímetro despintado. Na rúa María Balteira (perpendicular a Montevideo) os contedores presentan continuos problemas e o pasado venres tivo que ser baleirado de xeito manual o que provocou a mistura de todos os residuos.

IMG_20160212_091945Control sobre o sistema selectivo de recollida do lixo

Rubén Arroxo tamén pediu que se faga un seguimento para garantir o bo funcionamento do sistema selectivo de recollida do lixo “os lucenses fan un esforzo para separar os residuos e o concello ten que garantir que este esforzo é útil”. Arroxo sinalou que “entendemos que o que pasou o outro día na rúa María Balteira é algo excepcional” e engadiu que “o concello ten que esixirlle á empresa que garanta o bon funcionamento do sistema de recollida selectiva e o mantemento dos contedores soterrados”

O BNG – Asembleas Abertas reclama un maior control da empresa adxudicataria do servizo de limpeza