O BNG fai unha “batimetría humana” para demostrar as diferentes profundidades do río

O BNG fai unha “batimetría humana” para demostrar as diferentes profundidades do río

Rubén Ponte Nova Rubén confluencia Rato“Parécenos ben que o concello faga unha batimetría para demostrar que o PP non coñece o fondo do río, pero xa lla facemos nós de forma sinxela” afirmou Rubén Arroxo

Lugo, 11 de xullo 2016. O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, meteuse en diferentes zonas do río para demostrar a pouca profundidade na zona na que propón o PP para facer a zona de baño público “como dixemos en días anteriores non é só o terrible impacto ambiental que se causaría sobre a insua con este proxecto, senón que as diferentes profundidades do río non son comparables” afirmou o voceiro nacionalista mentres se introducía en diferentes puntos do río para demostrar as diferentes profundidades despois de que o concello anunciase onte que ía facer unhas batimetrías para coñecer a mellor situación en función da profundidade “Parécenos ben que o concello faga unha batimetría para demostrar que o PP non coñece o fondo do río, pero xa lla facemos nós de forma sinxela” afirmou Rubén Arroxo.

Dende o BNG esixiron “un proxecto serio para a zona de baño e vontade política para executala, a proposta do PP non fai máis que levarnos a perdernos nun debate sobre o lugar que debera estar máis que superado nos 7 anos que se leva con isto dende que o BNG a levou ao pleno”. O propio voceiro nacionalista quixo incidir en que a zona das Saamasas ou na propia parte central do parque do Miño existe unha profundidade idónea, o terreo xa é público, está acondicionado, e só sería preciso adaptar o acceso ao río de forma segura “hai moitas formas de poñer accesos ao río seguros e inclusivos para persoas con diversidade funcional e que á vez sexan compatibles co medio ambiente e iso só require unha cantidade económica pequena e unha minima vontade política”.

O BNG fai unha “batimetría humana” para demostrar as diferentes profundidades do río