O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS AS CONCERTINAS DO ACUARTELAMENTO DE PARGA

O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS AS CONCERTINAS DO ACUARTELAMENTO DE PARGA

IMG_6858Rosana Pérez sinalou que “preguntamos se hai intencións de convertir o campamento militar nun almacén militar de perigosidade indeterminada” 

O BNG denunciou ante o Ministro de Defensa que, na actualidade, a actividade militar causa graves molestias na zona, produciu fendas nalgunhas vivendas e perdas nas producións gandeiras

Guitiriz, 12 de decembro 2014. O BNG presentou no Congreso dos Deputados unha iniciativa para coñecer as causas da instalación de concertinas no perímetro do campamento militar de Parga (Guitiriz). Ademais Rosana Pérez dirixiuse ao Ministerio de Defensa para aclarar a que cal é a causa que levou a un incremento na actividade de tiro e artillería na instalación militar e se existe algún protocolo en relación á potencia da munición utilizada e a respecto das actividades militares aereas. Nas preguntas pesentadas polo BNG ao Ministerio de Defensa, Rosana Pérez preguntou directamente se “o ministerio vai cambiar o uso do recinto militar e, de ser así, cal vai ser ese novo uso”.

Rosana Pérez, que estivo acompañada na súa visita polo parlamentario Cosme Pombo e o voceiro municipal do BNG no concello de Guitiriz, solicitoulle ao Ministerio que informe, de xeito transparente, sobre todas as actuacións previstas para o acuartelamento de Parga. Ademais o BNG solicitou que se negocie cos veciños colindantes do campamento militar de Parga, as condicións de uso deste campamento para que non prexudiquen o desenvolvemento normal das súas vidas. Rosana Pérez lembrou que os terreos foran cedidos pola comunidade de montes para un uso diferente ao que se lle está dando neste momento.

As concertinas están instaladas a carón de estradas, camiños e preto de vivendas. Para o BNG é inexplicable que no século XXI se acometa unha actuación que resulta desproporcionada,  desafortunada e que non responde a criterios obxectivos de seguridade. O BNG entende que, a instalación destas concertinas no chamado campamento militar de Parga ,  resulta algo impropio destes tempos en canto que supón un perigo certo e evidente para as persoas e para os animais e fauna salvaxe da zona.

 

IMG_6847

Outra das causas da indignación veciñal, explicou a deputada do BNG “foi o feito de instalar un peche perimetral cuns elementos máis propios dun campo de batalla que dunha zona poboada, por moito que delimiten unha instalación que nestes intres ten un uso militar”. Rosana Pérez sinalou, tamén, que “diante da instalación do aramio de concertina na parroquia de Santa Cruz de Parga o vecindario está alarmado e reclama a inmediata retirada  polo perigo que representa para animais e persoas; reclama ademáis que se rebaixe a potencia do tiro que están a empregar os militares por canto que resulta moi prexudicial para a saúde das persoas, para as súas propiedades e para os animáis das granxas da zona”.

A deputada do BNG no congreso sinalou que “os veciños de Santa Cruz viñan tendo, ata o de agora, unha relación de convivencia co propio campamento en tanto que o cerramento perimetral do mesmo consistía nun ribazo de terra e pedra, sen nin tan sequera un valado que impedira o paso e sen que houbera problemas maiores” e engadiu que “as cousas cambian cando o Exército Español nun alarde de prepotencia, propia dunha institución caduca e retrógada, decide unilateralmente intensificar as labores de tiro no recinto, cun aumento de potencia nos explosivos utilizados que provoca graves  molestias na saúde do vecindario, nas súas propiedades, nos seus animáis domésticos e mesmo nos animais salvaxes da zona, co conseguinte aumento do perigo que supón a utilización de morteiros e artillería nunha zona con poboacións moi próximas coma Santa Cruz, Roca ou Soexo”.

O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS AS CONCERTINAS DO ACUARTELAMENTO DE PARGA