“O BNG non participa dun pacto nauseabundo entre o PP o PSOE e un transfuga”

“O BNG non participa dun pacto nauseabundo entre o PP o PSOE e un transfuga”

IMG_8162 Os deputados do BNG na Deputación de Lugo renunciaron hoxe ás súas competencias de goberno e incorporáronse ao pleno provincial como grupo da oposición

O BNG pedíralle explicacións ao PSOE por romper un pacto que afectaba aos gobernos de tres deputacións

Lugo, 28 de xuño 2016. Compareceron hoxe en rolda de prensa, diante da Deputación de Lugo,  Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo; Xosé Ferreiro, voceiro do BNG na Deputación de Lugo; Bieito Lobeira, responsábel da área do organización do BNG e Noa Presas, responsábel da área de política institucional do BNG, para dar conta da decisión adoptada onte pola executiva nacional do BNG e para informar da entrega dun escrito na secretaría da Deputación de Lugo na que os deputados do BNG renunciaban a todos os cargos e reponsabilidades de goberno nesta Deputación e nos órganos correspondentes.

Antonio Veiga sinalou os orzamentos que onte se aprobaron son “as prevendas do PP apoiados polo PSOE e polo tránsfuga Manuel Martínez” e engadiu que “a provincia estivo paralizada polos intereses dun partido político e dun tránsfuga”. O BNG está nas institucións para favorecer o interés xeral “dende o gobernó ou dende a oposición”. Veiga indicou que “o BNG non estivo na fotos das Azores que se produciu onte na Deputación e non imos ser participes da política de chantaxes que algún pretenden imponer nesta Deputación”.

IMG_8157Xosé Ferreiro afirmou “a satisfacción polo traballo feito polo BNG na Deputación durante estes anos” e aclarou que “o BNG está nas institucións para tentar transformar a sociedade e non para ocupar sillas nin pisar moquetas”. Ferreiro indicou que “os papeis quedaron nas mesas e os ordenadores acesos por que o BNG non ten nada que ocultar sobre a súa acción de goberno” e recalcou que “nós non formateamos nin pisoteamos os discos duros como fixo o PP despois do seu paso polo goberno provincial”. Ademais Ferreiro destacou a coherencia do BNG na Deputación de Lugo e dixo que “defenderemos o mesmo na oposición que defendemos no goberno”.

Bieito Lobeira, responsábel da área do organización do BNG, manifestou o “respaldo político do BNG á decisión do grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo” e puxoos como “exemplo de coherencia e dignidade” ademais de indicar que “o BNG non participa en repartos de cartos e sillóns”. Lembrou que “o pacto asinado polo BNG e o PSOE ficou en papel mollado e por iso o BNG tomou esta decisión”.

Lobeira cualificou de “grande coalición nauseabunda organizada por unha banda caciquil organizada do PP sumada por un transfuga obsesivamente ególatra e o psoe” ao que “agora vai levar os destinos da Deputación Provincial de Lugo”. “Non nacimos para caciquear” dixo Lobeira e sinalou que o obxectivo final do BNG é “a desaparición das Deputacións, máis neste escenario de aritmética electoral apostamos por integrarnos nos goberno para un baleirado progresivo das mesmas”. Ademais, Beito Lobeira explicou que “O BNG pedíralle explicacións ao PSOE por romper un pacto que afectaba aos gobernos de tres deputacións”.

“O BNG non participa dun pacto nauseabundo entre o PP o PSOE e un transfuga”