O BNG PÍDELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE DEFENDA OS DEREITOS DOS TRABALLADORES DE ALCOR

O BNG PÍDELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE DEFENDA OS DEREITOS DOS TRABALLADORES DE ALCOR

Antón Bao explicou que “grazas á reforma laboral do PP estes traballadores perden dereitos laborais e parte do seu salario”

A empresa ALCOR SEGURIDAD S.L. presta servizo de vixiancia no Fogar do Traseunte e en dependecias da Deputación

LUGO, 9 de outubro de 2013. O BNG presentou un escrito no rexistro do concello de Lugo no que se solicita do goberno municipal que exerza o control do cumprimento do Contrato que este concello ten asinado coa empresa Alcor Seguridad S.L. no que atinxe aos dereitos dos traballadores. O BNG pide tamén, nese mesmo escrito, que de non cumprirse o contratado o concello de Lugo rescinda de xeito inmediato o mesmo coa empresa Alcor Seguridad S.L.

Antón Bao dixo que “neste momento o concello de Lugo e todas as administracións deben de estar vixiantes e evitar que as empresas impoñan condicións laborais abusivas ás persoas incumprindo os contratos que teñen coas administracións”. O voceiro do BNG lembrou que “este tipo de situacións prodúcense grazas á reforma laboral do PP” e engadiu que “mentres as empresas manteñen os seus contratos e incrementan os seus beneficios estes traballadores perden dereitos laborais e parte do seu salario”.

A citada empresa de seguridade aprobou, amparandose na Resolución do 4 de xullo de 2013, da Dirección General de Empleo, pola que se rexistra e publica o Convenio colectivo de Alcor Seguridad, SL. BOE nº 174 do 22 de Xullo de 20, un novo Convenio Colectivo propio. A aplicación deste no

vo convenio reduce os dereitos laborais dos seus traballadores e as súas retribucións salariais dun xeito considerable.

O Concello de Lugo contratou coa Empresa ALCOR SEGURIDAD S.L. o servizo de vixianza no Fogar do Transeunte, asinando dito contrato o 31 de xaneiro de 2012 estando, polo tanto, en vigor na actualidade dito contrato. O Prego de Clausulas administrativas particulares que rexeron a contratación do servizo de vixianza do Fogar do Transeunte di no punto 5 da na súa base Décimo Sexta o seguinte:

  • “Co fin de manter a estabilidade do persoal no emprego, acadar a profesionalización do sector e evitar, na medida do posible, a proliferación de contenciosos á empresa que resulte adxudicataria, esta subrogarase nos dereitos e deberes que tivera recoñecidos a entidade que presta actualmente o Servizo de Vixianza no Fogar do Transeúnte no municipio de Lugo, nos termos establecidos no Convenio colectivo Estatal das Empresas de Seguridade 2009-2012 polo que os/as traballadores/IMG_1124as adscritos á empresa saínte pasarán a estar adscritos á empresa que resulte adxudicataria deste servizo.”

  • “O contratista deberá ter permanentemente informado ó responsable do contrato de calquera variación dos contratos laborais do persoal que estea adscrito a este contrato debendo contar con autorización expresa do Concello para a realización de novas contratacións laborais , calquera que fose o motivo, ou modificación das condicións laborais dos traballadores. Esta obriga terá carácter de obriga contractual esencial cuxo incumprimento dará lugar á resolución do contrato.”

Asi mesmo, no Prego de Clausulas administrativas particulares que rexeron a contratación do servizo de vixianza do Fogar do Transeunte di na súa base Décimo Novena Extinción do Contrato que aos efectos do artigo 206 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público consideranse obrigas contractuais esenciais cuxo incumprimento dará lugar á resolución do contrato as sinaladas na cláusula décimo sexta destes pregos.