O BNG RECLÁMA 70.000 € Á XUNTA PARA O PECHE DO PATIO DO COLEXO QUIROGA BALLESTEROS

O BNG RECLÁMA 70.000 € Á XUNTA PARA O PECHE DO PATIO DO COLEXO QUIROGA BALLESTEROS

Cosme Pombo sinalou que o centro escolar non conta con ningún espazo axeitado para a realización de actividades físicas e lúdico-deportivas

O BNG presentou outra emenda pedindo 300.000 € para a ampliación do colexo público de Anexa

Lugo, a 1 de febreiro de 2013. Cosme Pombo acompañado, dos ediles do concello de Lugo Antón Bao e Paz Abraira e do responsabel local do BNG Alex Penas, presentou hoxe as emendas parciais aos orzamentos da Xunta en materia de educación para o concello de Lugo. O BNG presentou dúas emendas para tratar de mellorar os recursos educativos na cidade de Lugo. As emendas presentadas polos nacionalistas piden un investimento de 370.000 para obras necesarios de centros dous educativos no casco urbano de Lugo. Cosme Pombo sinalou que “o BNG presenta estas emendas co ánimo de mellorar os orzamentos da Xunta e de obrigar ao partido popular a desvelar cal é o seu compromiso real con Lugo”. Antón Bao engadiu que con estas emendas “o BNG tenta paliar as deficiencias que existen en dous centros do casco histórico xa que é necesaria a existencia de centros públicos de ensino na cidade”.

O BNG solicita 70.000 € para executar as obras de peche do patio do Colexo Quiroga Ballesteros. Segundo Cosme Pombo “esta é unha necesidade histórica deste centro, que non conta con ningún espazo axeitado para a realización de actividades físicas e lúdico-deportivas”. O peche do patio permitiría que o alumnado do colexo poidan realizar actividades durante o inverno. Noutra emenda parcial aos orzamentos do goberno galego o BNG pide a inclusión dunha partida de 300.000 € para materializar outras das promesas incumplidas, ata o momento, polo PP como é a ampliación do colexo público de Anexa. O colexo de Anexa precisa dunha ampliación para poder atender as necesidades da comunidade escolar deste centro.

Por outra banda, Cosme Pombo, dixo que este ano “Galiza perderá un total de 315 mestres no ensino primario” e acusou ao partido popular de “deteriorar o ensino público de xeito sistemático”. Cosme Pombo dixo que o BNG, no Parlamento Galego, “tentará  frear esta sangría no ensino público tanto en recursos como en investimento”. O BNG presentou emendas para incrementar os orzamentos da Xunta en materia de ensino nuns 23 millóns de euros. Cosme afirmou tamén que “o PP reduce 150 millóns de euros no ensino público e transfire máis de 230 millóns ao privado concertado”.

O BNG RECLÁMA 70.000 € Á XUNTA PARA O PECHE DO PATIO DO COLEXO QUIROGA BALLESTEROS