O BNG RECLAMA QUE SE CONVOQUE A COMISIÓN MUNICIPAL CREADA CO OBXECTIVO DE PARAR OS DESAFUIZAMENTOS

O BNG RECLAMA QUE SE CONVOQUE A COMISIÓN MUNICIPAL CREADA CO OBXECTIVO DE PARAR OS DESAFUIZAMENTOS

Esta Comisión, creada a instancias do BNG, constituíuse o pasado 27 de novembro e acordouse unha periodicidade quincenal para as xuntanzas

Os datos recollidos por esta comisión deben ser decisivos para o plantexamento dos orzamentos municipais do 2013

LUGO, 14 de decembro de 2012. A edil nacionalista, Paz Abraira, reclamou que se convoque a Comisición Municipal de Desafiuzamentos. Esta Comisión, creada a instancias do BNG, constituíuse o pasado 27 de novembro e acordouse unha periodicidade quincenal para as xuntanzas e polo tanto “a xuntanza desa comisión debe celebrarse a vindeira semana”. Para o BNG é preciso que a xuntanza se celebre antes das datas do nadal e facilitar, así, que todos os colectivos implicados poidan participar na mesma.

Na primeira xuntanza da Comisición Municipal de Desafiuzamentos tomaronse unha serie de acordos  e hai que analizar o cumprimento dos mesmos. Abraira explicou que a Comisión ten que ser coñecedora de si as entidades bancarias lle remitiron ao concello a información sobre o número de afectados no concello polos desafiuzamentos de primeira venda. Paz Abraira suliñou que “esta información é precisa para tomar medidas de cara á elaboración dos orzamentos municipais do ano 2013” e engadiu que “para o BNG é fundamental que os orzamentos teñen en conta os problemas reais dos cidadáns”.

Segundo os datos que obran en mans dos servizos sociais do concello de Lugo cada vez son máis as familias e as persoas que teñen dificulatades para cubrir as súas necesidades básicas. Estánse a dar moitos casos nos que a xente non pode asumir o pago dos recibos das hipotécas de primeira vivenda, tamén está a haber problemas para facer fronte ao pago dos algueiros e moitas familias tamén precisan de axuda para ter comida e roupa para os nenos.

Paz Abraira lamentou o anuncio de novos recortes anunciados como é o caso do copago polo transporte sanitario. Un novo recorte que vai a empeorar, segundo o BNG, a situación de persoas que xa están a sufrir unha situación complicada por causa da enfermidade. Un copago “que o partido popular quere impoñer dende o goberno do estado e que o Sr. Feijoo aínda non aclarou se o ía a aplicar, ou non, dende a Xunta de Galiza”. Paz Abraira lembrou tamén que mañá se celebra en Lugo unha nova manifestación contra o escándalo das preferentes e pediu que “non se apliquen políticas centradas en cebar á banca.

Unha comisión con ampla representación

Esta Comisión Municipal estará formada por persoal técnico do Concello de Lugo, membros dos colectivos de afectados polas hipotecas, asociacións de veciños da cidade e representantes de todos os grupos políticos. Traballará en tres eixos: prestar asesoramento técnico e legal a aquelas persoas afectadas por desafuizamento, mediar diante das entidades bancarias para paralizar estes desafiuzamentos e, en terceiro lugar, ofrecer cobertura social ás persoas desafuizadas a través dos servizos sociais municipais.

Dúas mocións aprobadas nos últimos meses en defensa dos afectados por hipotecas

Neste momento o Concello de Lugo ten aprobadas xa dúas mocións en Pleno, as dúas por iniciativa do BNG. A primeira moción, presentada o 4-4-2011, pedía a dación en pago mediante unha reforma da lei hipotecaria para que mediante a entrega da vivenda quedase saldada a débeda.

A segunda das mocións, presentada o 25 de xuño deste mesmo ano e aprobada cos votos dos dous Grupos do Goberno Municipal (BNG e PSOE) e co voto en contra do PP acordou solicitar unha moratoria na aplicación de desafuizamentos e a posta en marcha de alugueiros sociais para aquelas vivendas propiedade dos bancos que están baleiras. Estas medidas aprobáronse, explicou Paz Abraira, co voto en contra do Partido Popular.

O BNG RECLAMA QUE SE CONVOQUE A COMISIÓN MUNICIPAL CREADA CO OBXECTIVO DE PARAR OS DESAFUIZAMENTOS