“O concello estafa aos residentes que tiñan tarxeta anual para a ORA"

“O concello estafa aos residentes que tiñan tarxeta anual para a ORA"

foto ORARubén Arroxo dixo que “o goberno municipal non está a dar solución ás reclamacións de de centos de veciños e veciñas que dende xullo quedaron sen ter onde aparcar e co pago feito”

Para os nacionalistas unha institución como o concello de Lugo “non pode lucrarse dos cidadáns e agocharse cando a xente presenta as correspondentes reclamacións”

Lugo, 23 de outubro de 2015. O voceiro do BNG-Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que pedirá información sobre as intencións do goberno municipal a respecto das reclamacións que numerosos cidadáns presentaron polo perxuizo que lles supuxo a interrupción do funcionamento do sistema de regulación de aparcamento. Arroxo dixo que moitos residentes tiñan aboada a taxa para pode utilizar a tarxeta de residente durante todo o ano e “agora perderon os cartos e non teñen onde aparcar”.

Arroxo destacou que esta situación aféctalles a centos de lucenses que residen ou teñen establecementos nas rúas nas que estaba implantado o sistema ORA. Para o BNG-Asembleas Abertas “o goberno municipal ten que dar unha solución rápida e axeitada devolvendo a porcentaxe correspondente do importe aboado polas persoas usuarias”. Arroxo explicou que o bono anual para poder aparcar, os residentes, nas zonas de reguladas ascendía a 31,20 €  e dixo que “o goberno municipal non está a dar solución ás reclamacións de veciños e veciñas que dende xullo quedaron sen ter onde aparcar e co pago feito”.

Para os nacionalistas unha institución como o concello de Lugo “non pode lucrarse dos cidadáns e agocharse cando a xente presenta as correspondentes reclamacións”. Arroxo indicou que “o concello é o primeiro que ten que dar exemplo a respecto do cumprimento das obrigas” e engadiu que “está claro que o equipo de goberno non valorou as consecuencias que tiña a suspensión do sistema ORA, nin está a atender os problemas derivados desta decisión pouco meditada”.

“O concello estafa aos residentes que tiñan tarxeta anual para a ORA"