A Confederación Hidrográfica considera “autorizable” a proposta de zona de baño feita polo BNG-AA

A Confederación Hidrográfica considera “autorizable” a proposta de zona de baño feita polo BNG-AA

rIMG_8488Rubén Arroxo afirmou que “esto demostra, unha vez máis, que Lugo está sen zona pública de baño por que o PSOE non quere”

A Confederación Hidrográfico remitiu un escrito, despois de recibir o proxecto de Pantalán presentado polo BNG-AA, no que recoñece que unha instalación deste tipo pode ser autorizable

Lugo, 8 de agosto 2016. O grupo municipal do BNG-AA ven de recibir unha nova comunicación procedente da Confederación Hidrográfica no que se considera como “autorizable” a instalación temporal proposta no proxecto presentado polos nacionalistas. No mesmo escrito sinálase que neste ano non hai tempo material para elaborar o expediente preciso para autorizar a instalación antes do 30 de setembro data que foi a estimada polo BNG-AA como finalización da etapa estival e de fin do uso da instalación.

Rubén Arroxo afirmou que “esto demostra, unha vez máis, que Lugo está sen zona pública de baño por que o PSOE non quere”. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo enfatizou que “o BNG realizou en menos de 10 días trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos” e afirmou que “as Saamasas é o sitio idóneo para crear a zona pública de baño, unicamente hai que adaptar a instalación ás características e particularidades do entorno”.

Arroxo rexistrou, en nome do BNG-AA, unha solicitude o 20 de xullo que foi respostada pola Confederación o 26 do mesmo mes e o día 1 de agosto Rubén Arroxo entregou a documentación requirida e un proxecto para a instalación dun patalán que permitise un acceso seguro ao río. Con data do 3 de agosto a propia Confederación remitiu un novo escrito no que se recoñece que a instalación proposta polo BNG-AA é “autorizable”.

No escrito remitido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao BNG-AA dise literalmente que “a tramitación dificilmente poderá concluír  antes do 30 de setembro, data que se establecía como de retirada da instalación na propia solicitude” e deixa aberta a posibilidade de que o procedemento se faga extensible a anos vindeiros o que supón que no vindeiro verán podería facerse realidade a instalación dun acceso seguro para o baño.

Arroxo lembrou como nin a Deputación nin no concello deron resposta, no seu momento, aos requirimentos emitidos pola Confederación Hidrográfica o que provocou a paralización do expedente no que se tramitaban os permisos para a creación da zona pública de baño na zona de As Saamasas.

Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade