O edificio do cuartel de San Fernando pode albergar a Casa das Asociacións e un centro arqueolóxico

O edificio do cuartel de San Fernando pode albergar a Casa das Asociacións e un centro arqueolóxico

IMG_4506 “Coas aportacións das tres administracións pódeselle dar uso ao edificio para evitar que quede pechado durante anos” apuntou Maite Ferreiro

Ferreiro explicou que unha parte do edificio podería “albergar un centro de catalogación e arquivo de pezas arqueolóxicas de cara ao futuro Museo Nacional da Romanización”

Lugo, 20 de xaneiro de 2016. “O edificio do cuartel de San Fernando pode albergar a Casa das Asociacións e un centro de catalogación e arquivo de pezas arqueolóxicas” propuxo Maite Ferreiro. Para o BNG “está é a oporturnidade, grazas ao ofrecemento da Área de Cultura da Deputación para darlle vida ao edificio e cubrir dúas necesidades existentes en Lugo”. Maite Ferreiro sinalou que “a nosa proposta non supón unha renuncia a que Lugo conte cun Museo da Romanización mais, temos os pés na terra, sabemos que esto non vai ser posible a curto-medio prazo”.

Ferreiro explicou que “despois da adxudicación do Hospital de San Xosé a unha única entidade un dos problemas que existen é a carencia dun espazo autoxestionado para o movemento asociativo” e engadiu que “outra carencia da cidade é contar cun centro de recepción e catalogación das numerosas pezas arqueolóxicas que están custodiadas por diferentes entidades”. Cunha rehabilitación axeitada, e sen unha inversión desmesurada, o edificio pode dar cabida ao centro arqueolóxico e, noutra parte, a unha casa das asociacións que podería funcionar de xeito autoxestionado.

Maite Ferreiro sinalou que en Lugo existe un grave problema de xestión dos espazos sociaiIMG_4525s e culturais e neste momento “hai moitos edificios sen actividade e moita actividade sen edificio”. “Coas aportacións das tres administracións pódeselle dar uso ao edificio para evitar que quede pechado durante anos” apuntou Maite Ferreiro. A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo sinalou que “co actual convenio, asinado pola Xunta e o Concello, o edificio arranxarase e quedará pechado indefinidamente” e reclamou que se teña en conta o ofrecemento da Área de Cultura da Deputación para “que teña utilidade mentres o goberno da Xunta non deixe de castigar a Lugo e vetando a posibilidade de que teñamos o Museo Nacional da Romanización”.

O edificio do cuartel de San Fernando pode albergar a Casa das Asociacións e un centro arqueolóxico