“EXISTEN SOLUCIÓNS TÉCNICAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE NESTE CONCELLO"

“EXISTEN SOLUCIÓNS TÉCNICAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE NESTE CONCELLO"

IMG_9000Arroxo sinalou que “en Lugo hai moitos colectivos que precisan de locais e o PP permítese ter pechados edificios como o da Residencia e decir, agora, que non cumpre as condicións”

“Coñecer as realidades dos nosos veciños é importante para que Lugo funcione” o candidato do BNG – Asambleas Abertas escoitou as propostas de directivos de ASORLU

Lugo, 16 de abril de 2015. O candidato do BNG – AA, Rubén Arroxo, e a número dous da candidatura, Maite Ferreiro, visitaron hoxe a sede da asociación ASORLU onde mantiveron unha xuntanza con membros da directiva deste colectivo de persoas xordas de Lugo. Rubén Arroxo sinalou que “é evidente a necesidade de manter un contacto constante cos colectivos de persoas que teñen capacidades diferentes para afrontar todas esas pequenas cousas que para nos pasan desapercibidas e para elas constitúen auténticas barreiras”. Unha das demandas deste colectivo é a necesidade de contar con locais axeitados.

Arroxo sinalou que “en Lugo hai moitos colectivos que precisan de locais públicos para desenvolver a súa actividade e o PP permítese ter pechados edificios como o da Residencia e decir agora que non cumpre as condicións”. Rubén Arroxo criticou duramente a actitude do PP tras a declaracións da Conselleira de Sanidade que “unha vez máis arremete contra Lugo, onde xa foi declarada persoas non grata, e ampara unha decisión política nos informes técnicos”. Arroxo engadiu que “Castiñeira e a Conselleira parece que nos queren enganar xogando ao poli bon e poli malo pero as decisións son do partido popular”

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, destacou o funcionamento deste colectivo social que leva 40 anos traballando no concello de Lugo e dixo que “coñecer as realidades dos nosos veciños e veciñas é importante para que Lugo funcione”. Dende a candidatura do BNG – Asambleas Abertas destacaron que é necesario contar coa opinión á hora de acometer calquera proxecto municipal por que “hoxe comprobamos que as pequenas cousas son as máis importantes non día a día das persoas que teñen algún tipo de limitación”. “Na actualidade existen solucións técnicas para salvar as deficiencias de accesibilidade que aínda ten este concello” afirmou Arroxo.