“SE FRAGA NON TEN UNHA RÚA EN LUGO É GRAZAS AO BNG” DIXO RUBÉN ARROXO

“SE FRAGA NON TEN UNHA RÚA EN LUGO É GRAZAS AO BNG” DIXO RUBÉN ARROXO

IMG_9623O Candidato do BNG-Asambleas Abertas sinalou que “somos a única forza que ten clara a necesidade de eliminar os símbolos franquistas de Lugo”

“Somentes a presenza do BNG no gobernos municipais e a súa actuación dende a oposición fixo posible o cambio dos nomes da rúas en Lugo” afirmou Arroxo

Lugo, 27 de abril 2015. O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo e a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, referíronse hoxe á proposta que se tratará no vindeiro pleno municipal sobre o cambio dos nomes franquistas na rúas da cidade. O Candidato do BNG-Asambleas Abertas sinalou que “somos a única forza que ten clara a necesidade de eliminar os símbolos franquistas de Lugo”. Arroxo afirmou que “se Fraga non ten unha rúa en Lugo é grazas ao BNG” e lembrou que “somentes a presenza do BNG no gobernos municipais e a súa actuación dende a oposición fixo posible o cambio dos nomes da rúas en Lugo” afirmou Arroxo.

Arroxo afirmou que “nunca estivo clara a postura de Orozco con respecto a poñerlle un nome de rúa a quen foi ministro de Franco e asinou penas de morte”. Rubén Arroxo engadiu que “nin PP, nin PSOE tiveron nunca unha vontade clara de acometer a eliminación dos símbolos franquistas e se o fixeron foi pola presión social e a do BNG”.

Para o BNG “é de lamentar que non se aproveite esta modificación do rueiro para eliminar difinitivamente os vestixios da dictadura e quede pendente aínda o nome de Ramón Ferreiro”. Paz Abraira explicou que a proposta de nomear esta rúa como Raimundo de Borgoña foi unha iniciativa defendida, no seu momento, na comisión polo historiador Adolfo de Abel quen “acertadamente expuxo todas as razóns que xustifican nomear así esta importante avenida”.

“SE FRAGA NON TEN UNHA RÚA EN LUGO É GRAZAS AO BNG” DIXO RUBÉN ARROXO