“Hai que tomar en serio o tema da mobilidade en Lugo” afirmou Rubén Arroxo

“Hai que tomar en serio o tema da mobilidade en Lugo” afirmou Rubén Arroxo

IMG_25791O voceiro do BNG – Asembleas Abertas sinalou que “o que está a suceder estes días demostra que o actual modelo está esgotado e hai que sentarse para buscar solucións”

Rubén Arroxo insta ao goberno municipal a comenzar a traballar “contando con quen sabe destes temas” para dar unha solución ao tráfico en Lugo

Lugo, 5 de xaneiro de 2016. O portavoz municipal do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sumouse á preocupación de moitas e moitos lucenses polos continuos atascos que se están a dar estes día na cidade. Arroxo afirmou que “hai que tomar en serio o tema da mobilidade” e lembrou que dende a súa  formación xa se fixeron diversas propostas de mellora na regulación do tráfico e a respecto de incrementar as zona peonís e reforzar o transporte público.

Para o BNG – Asembleas Abertas “estes días demóstrase que o modelo de mobilidade actual está totalmente esgotado e hai que tomar medidas”. Rubén Arroxo insta ao goberno municipal a comenzar a traballar para dar unha solución ao tráfico en Lugo “apostando por un modelo máis sostible e máis humano”.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas sinalou que “o que está a suceder estes días demostra que o actual modelo está esgotado e hai que sentarse para buscar solucións”. Arroxo apostou por analizar colectivamente cales son as solucións máis acaidas para a nosa cidade “contando con quen sabe destes temas e con todas as persoas e colectivas que están implicadas, dalgún xeito, neste asunto”.

“Hai que tomar en serio o tema da mobilidade en Lugo” afirmou Rubén Arroxo