IMPLANTACIÓN DE PUNTOS DE SEGUNDA OPORTUNIDADE E A RECUPERACIÓN DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS

IMPLANTACIÓN DE PUNTOS DE SEGUNDA OPORTUNIDADE E A RECUPERACIÓN DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS

Rubén Arroxo dixo que “os puntos de segunda oportunidade funcionan en moitas cidades europeas e permiten recuperar obxectos que están en bo estado”

A candidatura do BNG – Asambleas Abertas percorreu o mercadiño do parque da Milagrosa para dar a coñecer as súas propostas

Lugo, 19 de maio 2015. O BNG – Asambleas Abertas propón a implantación de Itinerarios de varios Puntos de Segunda Oportunidade na cidade de Lugo. Rubén Arroxo anunciou hoxe esta proposta asi como a súa intención de “recuperar o servizo de préstamo de bicicletas que leva moito tempo abandonado neste concello”. Arroxo dixo que “as bases de préstamo de bicicletas que xa existen teñen que volver a entrar en funcionamento” e engadiu que “estas bases deben de ter ademais un espazo para aparcamento vixiado de bicicletas particulares”. “É unha demanda de moitos lucenses dispoñer de bicicletas de préstamo e que estes mesmos aparcadoiros sexan vixiados para poder deixar a túa propia bicicleta”.IMG_0736

O candidato do BNG – Asambleas Abertas anunciou, nunha visita ao mercadillo do parque da Milagrosa, que, de chegar ao goberno, impulsarán a creación de puntos de segunda oportunidade. Rubén Arroxo exlicou que se trata de acondicionar varios puntos na cidade para que as persoas poidan depositar obxectos que xa non utilizan para que outras persoas os poidan reutilizar. Trátase dunha iniciativa que xa funciona noutras cidades europeas e que aposta por fomentar a cultura da recuperación e reutilización de obxectos. Arroxo explicou que estes puntos de intercambio estarían debidamente supervisardos polo servizo municipal de limpeza para evitar a acumulación de obxectos e que estes puntos se convirtan en depositos de lixo.

Rubén Arroxo dixo que “estas dúas iniciativas enmarcanse dentro do modelo de cidade que nos queremos para Lugo, unha cidade que funciona por que as persoas son as protagonistas da súa xestión”. A recuperación de obxectos domésticos e a recuperación do sistema de préstamo de bicicletas son dúas apostas da candidatura do BNG – Asambleas Abertas para que os lucenses teñan mecanismos para poder levar un modelo de vida máis sostible nestes tempos de crise económica.

Arroxo dixo que estas propostas xurdiron das xuntanzas con diversos colectivos preocupados polo medio ambiente e polo desenvolvemento sostible. “Temos que facer de Lugo un sitio amable e habitable para as persoas independentemente dos seus recursos económicos e cada vez está máis claro que o modelo consumista que puxo en marcha o capitalismo está máis caduco que nunca” afirmou Arroxo.

IMPLANTACIÓN DE PUNTOS DE SEGUNDA OPORTUNIDADE E A RECUPERACIÓN DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS