Luis Blanco Ribadulla opta a ser o novo responsabel local do BNG de Lugo

Luis Blanco Ribadulla opta a ser o novo responsabel local do BNG de Lugo

IMG_5174A vindeira semana esta convocada a asemblea da que sairá elixido o novo consello local que é o órgano de dirección do BNG no concello de Lugo

Luis Blanco Ribadulla traballador da USC e conta cunha longa traxectoria nos movementos asociativos e sindicais

Lugo, 11 de marzo de 2016. Unha única candidatura unitaria presentarase á asemblea local do BNG de Lugo. A candidatura está encabezada por Luis Blanco Ribadulla que será, co aval da asemblea, o vindeiro responsable local do BNG en Lugo. Blanco Ribadulla substituirá a Alexandre Penas que continuará sendo membro do consello local e que asumiu esta responsabilidade dende o ano 2011. A renovación do consello local de Lugo está enmarcada no proceso de renovación dos órganos de dirección que se iniciaron tras a celebración da XIV Asemblea Nacional do BNG.

Luis Blanco Ribadulla formalizou hoxe, acompañado de Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, a presentación da candidatura que encabeza tal e como está previsto no regulamento de renovación de organismos da formación nacionalista. O consello local do BNG estará formado por un total de 11 persoas entre as que estarán os concelleiros que representan ao BNG no concello de Lugo. A candidatura encabezada por Luis Blanco Ribadulla terá unha composición igualitaria e combinará a presenza de persoas con longa experiencia na política municipal.

Blanco Ribadulla é traballador da USC e conta cunha longa traxectoria nos movementos asociativos e sindicais. Ademais do seu destacado papel como representante de traballadores da USC, Luis Blanco Ribadulla mantivo unha intensa actividade no movemento asociativo vencellado ás ANPAS e tivo, tamén, un importante papel no asociacionismo veciñal.

Luis Blanco Ribadulla opta a ser o novo responsabel local do BNG de Lugo