“A nova concesión do transporte público debe contemplar que todos os vehículos sexan accesibles”

“A nova concesión do transporte público debe contemplar que todos os vehículos sexan accesibles”

IMG_1780Os nacionalistas reclaman que os vehículos que presten servizo no rural sexan adaptados por que “é tan ou máis necesario que na cidade”

“Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer estas cuestións que son fundamentais” anfirmou o voceiro do BNG – Asambleas Abertas

Lugo, 20 de outubro 2015. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas indicou que o goberno municipal debe considerar a necesidade, á hora da adxudicación do servizo público de transporte de pasaxeiros, de incluír cuestións que afectan á vida de diaria dos lucenses. Rubén Arroxo sinalou que nas propostas que presenten as empresas debe contemplarse que todos os vehículos que presten o servizo sexan aceesibles independentemente das rutas que fagan.

Arroxo lembrou que o novo contrato de adxudicación vaise asinar por un periodo de 10 anos prorrogables a 15 e por un importe que ronda os 3,2 millóns de euros anuais. “Non suceder o que esta a pasar agora a respecto dalgúns dos vehículos que non son accesibles para as persoas que utilizan sillas de rodas” anfirmou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas.

Para o BNG – Asembleas Abertas débense plantexar posibilidades que queden contempladas á hora de facer a adxudicación do servizo de transporte público para que Lugo conte cun servizo sostible e eficiente para todas as persoas. Arroxo explicou que, neste momento, hai varios vehículos que cubren liñas, sobre todo no medio rural, que non están adaptados para que poidan acceder a eles persoas que viven con cadeiras de rodas.

“A nova concesión do transporte público debe contemplar que todos os vehículos sexan accesibles”