AS OBRAS DA ESTRADA DE ORBAZAI CASE NON EMPEZARON CANDO XA DEBERÍAN ESTAR REMATADAS

AS OBRAS DA ESTRADA DE ORBAZAI CASE NON EMPEZARON CANDO XA DEBERÍAN ESTAR REMATADAS

O concelleiro responsábel informou, o pasado 18 de xullo, que as obras comezaban aquel mesmo día e que rematarían no prazo dun mes

Son numerosas as queixas veciñais polo retraso no remate destas obras, necesarias nun tramo moi transitado tras a rehabilitación da Ponte Romana

Lugo, 30 de agosto de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, denunciou o retraso das obras de asfaltado da estrada de Orbazai, no tramo comprendido entre a igrexa de San Lázaro e a ponte do Mera. O pasado 18 de xullo o concelleiro responsábel da concellería de Infraestruturas, Zona Rural, e Medio Ambiente, informou do comenzo das obras que se executarían, segundo Manuel Chaín, no prazo aproximado dun mes. A obra foi adxudicada polo concello de Lugo á empresa Asogal Construciones.

Antón Bao visitou, acompañado dalgúns veciños, a zona da estrada onde se deberían estar executando as obras de asfaltado e comprobou o escaso avance das mesmas. A día de hoxe, segundo Antón Bao, “somentes se ten avanzado na limpeza das cunetas nalgúns tramos e estase traballando na consolidación de muros de contención mais as obras non avanzan ao ritmo debido”. Para o BNG esta obra debería de ser unha prioridade dado que este tramo de estrada absorbe un grande volume de tráfico dende o comezo das obras de rehabilitación da ponte Romana.

AS OBRAS DA ESTRADA DE ORBAZAI CASE NON EMPEZARON CANDO XA DEBERÍAN ESTAR REMATADAS