O PP rexeita a proposta do BNG para garantir os postos de traballo na adxudicataria Prosetecnisa

O PP rexeita a proposta do BNG para garantir os postos de traballo na adxudicataria Prosetecnisa

Cosme Pombo defendeu manter os postos de traballo da adxudicataria, PROSETECNNISA que presta servizos de seguridade e vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade, LUGII e a dirección Provincial do SERGAS 

Santiago de Compostela, 30 de maio, 2013. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe na Comisión de Política Social e Emprego sobre a situación dos traballadores da empresa adxudicataria  do servizo de seguridade e vixilancia de diversas dependencias da Xunta en Lugo.

Na súa intervención, Pombo explicou que a empresa de seguridade SQUOR era ata hai pouco a adxudicataria dos servizos de vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade, as residencias universitarias LUG-II e a Dirección Provincial do SERGAS na provincia de Lugo.

A Xunta,  ante os problemas da empresa SEQUOR en concurso de acredores sacou de maneira urxente a licitación do servizo a adxudicouna en concurso a PROTECCIÓN Y SEGURIDADE TECNICA S.A.(PROSETECNISA).

Pombo manifestou que a pesar de seren inicialmente unha solución lóxica para resolver os problemas do colectivo de traballadores, converteuse nun “novo foco de conflitividade” para o persoal ao negarse a adxudicataria a facerse cargo dos traballadores polas débedas de SQUOR coa Seguridade Social.

Os traballadores, explicou, levan cinco meses sen cobrar e non poden acceder á prestación por desemprego.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular non anunciou ningún compromiso do Goberno galego para resolver a situación laboral dos afectados ao que o deputado do BNG respondeu afirmando que a Xunta, “goberna contra @s galeg@s e prioriza os criterios economicistas”.

Pombo lamentou o voto negativos dos populares porque, ao seu xuízo impide resolver o drama económico que están a padecer os afectados de PROSETECNISA.

O PP rexeita a proposta do BNG para garantir os postos de traballo na adxudicataria Prosetecnisa