O PP veta a iniciativa do BNG para defender a escolarización infantil, en proximidade, na zona sur

O PP veta a iniciativa do BNG para defender a escolarización infantil, en proximidade, na zona sur

IMG_1066Cosme Pombo presentou unha iniciativa no Parlamento para reclamar unha solución, de cara ao vindeiro curso, para a escolarización dos nenos e nenas de 3 anos

Pombo lembrou que o pasado curso máis de 60 escolares de 3 anos tiveron que asistir a escolas fora do ámbito do seu barrio

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016.  O partido popular impuxo o veto, amparado na súa maioría absoluta, á proposta do BNG para reclamar unha solución para a escolarización dos nenos e nenas de infantil da zona sur de Lugo. Cosme Pombo lembrou que foron máis de 60 nenas e nenos desta zona da cidade os que quedaron este ano sen praza na súa zona. Con esta iniciativa o BNG únese á demanda de nais e pais que reclamaron ante a consellería de educación que se garanta unha oferta de prazas públicas suficientes no ensino obrigatorio nesta zona da cidade de Lugo.

Hoxe mesmo tratouse no Parlamento de Galiza unha iniciativa presentada polo BNG para garantizar a escolarización do alumnado de 3 anos, residente na zona sul da cidade de Lugo, nos centros públicos da zona onde viven, de cara ao vindeiro Curso. “É evidente que o PP sigue castigando a Lugo e esta vez vai contra os máis débiles” dixo Pombo que indicou que con esta decisión política dos populares “nenos e nenas terán que seguir desplazándose fora do seu ámbito”.

O PP veta a iniciativa do BNG para defender a escolarización infantil, en proximidade, na zona sur