RUBÉN ARROXO DIXO QUE “O CONCELLO DE LUGO PRECISA UNHA POLÍTICA DEPORTIVA ADAPTADA Á RELIDADE SOCIAL

RUBÉN ARROXO DIXO QUE “O CONCELLO DE LUGO PRECISA UNHA POLÍTICA DEPORTIVA ADAPTADA Á RELIDADE SOCIAL

IMG_7577Rubén Arroxo dixo que “apostaremos pola organización de andainas populares por que o deporte, en Lugo, ten que estar dirixido as persoas independentemente da súa idade e condición física”

O candidato do BNG-Asambleas Abertas mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Provincial de Ximnasios para coñecer a realidade da demanda existente neste sector

Lugo, 8 de marzo 2015. O candidato BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, acompañado da número dous da lista, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Provincial de Ximnasios para coñecer cal é a realidade da demanda existente neste sector. Arroxo asegurou que “estamos interesados en que todos os colectivos fagan aportacións e suxestións para o programa co que nos imos presentar ás eleccións municipais” e engadiu que “está claro que no mundo do deporte os profesionais que traballan nos ximnasios palpan día a día a realidade social e saben como adaptar a oferta de actividade física ás demandas reais da xente”.

Rubén Arroxo dixo que “apostaremos pola organización de andainas populares por que o deporte, en Lugo, ten que estar dirixido as persoas independentemente da súa idade e condición física”. O BNG – Asambleas Abertas apostará pola organización dun circuíto anual de andainas populares que, segundo Arroxo “servirán para fomentar a práctica do exercicio físico e tamén para poñer en valor os toda a riqueza pasaxística e patrimonial que posúe o noso concello”. Arroxo dixo que “o BNG xa ten posto en marcha iniciativas deste tipo en concellos nos que goberna cun grande éxito de participación”. “Nas andainas populares poden participar persoas de todas as idades, grupos de amigos, familias, escolares, etc… e esto supón achegar a actividade física a todas as persoas independentemente da súa condición física e económica” asegurou Arroxo.

O candidato do BNG – Asambleas Abertas sinalou que “neste momento a política deportiva no concello de Lugo está movida pola inercia dos anos nos que realmente se deu impulso neste eido” mais para Rubén Arroxo “precisase unha revisión de cal é o funcionamento real as actividades que do concello e do estado das instalacións deportivas que, en algúns casos, deixa moito que desexar”. Arroxo recoñeceu que “o concello de Lugo ten unha boa dotación de instalacións deportivas pero a xestión das mesmas e o mantemento é o que nos ten que preocupar nestes momentos que non son de bonanza económica”.

Arroxo puntualizou que “sabemos perfectamente que o éxito do deporte neste concello depende máis do esforzo persoal dos profesionais e monitores encargados das actividades, e da xente que participa nos eventos, que da xestión política que se está a facer dende o goberno municipal” e engadiu “as inercias no deporte e na política teñen o seu tempo e ao goberno de Orozco a forza da inercia estalle rematando”.