Rubén Arroxo propón a colocación dun cronómetro de conta-atrás no semáforo da Porta do Hospital

Rubén Arroxo propón a colocación dun cronómetro de conta-atrás no semáforo da Porta do Hospital

IMG_7096A existencia do foto-vermello que sanciona, de xeito automático, aos vehículos que traspasan o semáforo en vermello provoca freadas bruscas dalgúns condutores

“Igual que se instalaron cronómetros de conta-atrás nos semáforos para peóns deberíase instalar un para os coches agora que se están rematando obras nesta zona da ronda” dixo Arroxo

Lugo, 27 de maio de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, trasladaralle unha proposta ao goberno municipal pedindo a colocación dun cronómetro de conta atrás no semáforo que controla o paso de vehículos da ronda na Porta do Hospital. Rubén Arroxo explicou que a existencia do foto-vermello que sanciona, de xeito automático, aos vehículos que traspasan o semáforo en vermello provoca freadas bruscas dalgúns condutores “esto supón un perigo de accidentes que se pode evitar facilmente coa instalación dun dispositivo que indique o tempo que resta para que o peche do semáforo”.

O BNG – Asembleas Abertas presentará esta proposta neste momento por que “entendemos que agora é o momento xa que se están rematando as obras de reasfaltado neste tramo da ronda”. “Igual que se instalaron cronómetros de conta-atrás nos semáforos para peóns deberíase instalar un para os coches agora que se están rematando obras nesta zona da ronda” dixo Arroxo.

Rubén Arroxo propón a colocación dun cronómetro de conta-atrás no semáforo da Porta do Hospital