Rubén Arroxo reclama do goberno municipal un mellor mantemento das instalacións deportivas

Rubén Arroxo reclama do goberno municipal un mellor mantemento das instalacións deportivas

IMG_7084“Un exemplo de desatención é a pista de volei-praia que está situada no parque da Milagrosa” sinalou o voceiro do BNG-AA

Lugo, 23 de maio de 2016. O BNG – Asembleas Abertas reclamará do goberno municipal un mellor mantemento e atención ás instalacións deportivas do concello de Lugo. Rubén Arroxo dixo que “o concello ten un bo número de instalacións deportivas que precisan dun mantemento e vixiancia constante para que a práctica deportiva nestas instalacións sexa posible nas mellores condicións”. Arroxo indicou que “é moi positivo que os responsables de cultura atendan e escoiten ás persoas que fan uso das instalacións deportivas á hora de mellorar o seu mantemento”.

Rubén Arroxo visitou a pista de Volei-praia do parque da Milagrosa, “recibimos queixas de varias persoas usuarias por que o poste que sustenta a rede está totalmente doblada e ten elementos enfurruxados” dixo Arroxo que tamén explicou que “sería necesario ampliar a rede no perímetro da pista para evitar que os balóns escapen a zonas que case son inaccesibles para quen vai practicar deporte nesta pista”. Para o BNG – Asembleas Abertas “este tipo de actuacións, de mantemento das instalación, apenas supoñen investimento para o concello e melloran considerablemente a calidade de vida na cidade”.

Rubén Arroxo reclama do goberno municipal un mellor mantemento das instalacións deportivas