OS TRABALLADORES DE SEQUOR MANTERÁN A SÚA ACAMPADA DIANTE DA XUNTA ATA QUE SE LLES DE UNHA SOLUCIÓN

OS TRABALLADORES DE SEQUOR MANTERÁN A SÚA ACAMPADA DIANTE DA XUNTA ATA QUE SE LLES DE UNHA SOLUCIÓN

Representantes do BNG de Lugo visitaron aos traballadores da empresa de seguranza SEQUOR que non foron subrogados pola nova adxudicataría dos servizos da Xunta

LUGO, 14 de maio de 2013. O responsabel local do BNG de Lugo, Alexandre Penas, e concelleiros do BNG de Lugo visitaron aos traballadores da empresa SEQUOR que permanecen acampados diante da sede da Xunta en Lugo. Os representantes do BNG de Lugo manifestáronlles aos traballadores o seu apoio nas súas reivindicacións despois de que a Xunta outorgara a concesión dos servizos de vixilancia á empresa PROSETECNISA. Dende o BNG translándáronse varias iniciativas ao Parlamento Galego para que a Xunta se posicione a este respecto.

Os traballadores, que levan máis de un mes acampados, manifestaron que manterán a súa postura ata que a nova empresa e a Xunta cumpran coas súa obrigas e os traballadores sexan subrogados. A empresa de seguridade SEQUOR era a adxudicataria dos servizos de vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade, as residencias universitarias LUG-II e a Dirección Provincial do SERGAS, na provincia de Lugo con 15 traballadores. A totalidade dos traballadores cumpren cos requisitos para seren subrogados pola nova empresa adxudicataria.