“A xente da cultura ten que coñecer o novo auditorio por que eles van ser parte da vida do edificio”

“A xente da cultura ten que coñecer o novo auditorio por que eles van ser parte da vida do edificio”

IMG_20160424_202450bO BNG- Asembleas Abertas levará presentou unha moción de urxencia para ser tratada no pleno do vindeiro xoves na que se pide que se promova unha visita aberta ao edificio 

Tras unha xuntanza celebrada o pasado domingo con colectivos, entidades e persoas achegadas á cultura os nacionalistas pedirán que se conte coa opinión das persoas vencelladas ao tecido-asociativo cultural para dotar o novo auditorio

Lugo, 25 de abril 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, anunciou a preesentación dunha moción, por vía de urxencia, para ser tratada no pleno do vindeiro xoves na que se pide que se promova unha visita aberta ao edificio. Maite Ferreiro explicou que “queremos que o propio concello de Lugo promova ou inste á Xunta de Galiza a facer unha xuntanza e posterior visita cos colectivos e entidades lucenses que traballan no eido da cultura, para dar a coñecer as características do novo auditorio e as dotacións que posúe neste momento para que toda a xente que traballa pola cultura poida coñecer esta nova dotación”.

IMG_20160424_194414bO pasado 20 de abril o presidente da Xunta, acompañado da alcaldesa e de varios ediles do partido popular e do PSOE, visitaron o novo edificio do auditorio. A esta visita non foron convidadas outras institucións, entidades e colectivos que traballan na cultura e pola cultura neste concello e nesta provincia. Tampouco foron convidados os grupos políticos elixidos polas veciñas e veciños de Lugo para representalos nesta corporación municipal. “O edificio do novo auditorio de Lugo está practicamente rematado 12 anos despois de que o anterior alcalde de Lugo e quen agora é presidente da Xunta de Galiza asinaran un convenio para a construción dun auditorio na cidade de Lugo, pero sigue pechado á cidade” dixo a edil do BNG - AA.

Os nacionalistas reclaman, tamén, que o goberno municipal, dacordo co departamento correspondente da Xunta de Galiza, analicen e definan o equipamento necesario para permitir a apertura do novo auditorio e, unha vez definido, se traslade esta información ós colectivos e entidades culturais da cidade para contrastar a súa idoneidade. “É necesario que se establezan os necesarios cauces de comunicación entre o concello de Lugo e o tecido asociativo para analizar como se vai se vai a realizar a xestión dos novos espazos culturais dependentes do concello de Lugo” concluiu Ferreiro e engadiu “tanto o proxecto desta obra, como o desenvolvemento das obras, estiveron sempre rodeados dun absoluto escurantismo que impediu coñecer cal ían ser os contidos deste edificio,  a distribución de espazos e a finalidade de uso do mesmo”

“A xente da cultura ten que coñecer o novo auditorio por que eles van ser parte da vida do edificio”