ARROXO VISITOU A EXECUCIÓN DAS OBRAS DO CAMIÑO QUE DA ACCESO AO COLEXO DE ALBEIROS A TRAVÉS DA RÚA DO VENTO ACOMPAÑADO DO EDIL DE INFRAESTRUTURAS

“Acondicionar os accesos aos centros de ensino é un dos nosos obxectivos” dixo Rubén Arroxo

A actuación consistiu na roza do camiño e acondicionamento do firme “para facilitar o transito de escolares que van a pé ata Albeiros ”

“Acondicionar os accesos aos centros de ensino é un dos nosos obxectivos” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 19 de setembro de 2019. O Tenente-Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o estado das obras do camiño que une as vivendas situadas en Garabolos coa rúa do Vento. “Trátase dunha intervención de escaso custo e fácil execución que facilitará enormemente o acceso ao centro escolar da zona para moitas familias” explicou Arroxo que sinalou “foi unha petición de veciñanza da zona e tratamos de executala o antes posible coincidindo co comenzo do curso”.

Arroxo visitou a execución das obras do camiño que da acceso ao Colexo de Albeiros a través da rúa do Vento acompañado do Edil de Infraestruturas. A actuación consistiu na roza do camiño e acondicionamento do firme “para facilitar o transito de escolares que van a pé ata Albeiros ”.