FOI PRORROGADO ATA XUÑO O CONTRATO COA EMPRESA PARA A PRODUCIÓN DE EVENTOS NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE O CONTRATO TEN UNHA DOTACIÓN DE 82.363,18 € ANUAIS

A alcaldesa trata de tapar a chanchullada dos concertos

 “Dentro do contrato do Auditorio, o concello ten asignada unha partida de 6.544,23 € (ive incluido) para necesidades específicas de artistas” sinalou Maite Ferreiro

A alcaldesa trata de tapar a chanchullada dos concertos

Lugo, 18 de febreiro de 2017. “Lamentamos que sexa agora a alcaldesa, despois de que xa o fixera a edil de cultura, quen nos acusa de ignorantes para tratar de tapar unha chanchullada que lles costou aos lucenses máis de 20.000 € e dos que alguén se beneficiou” dixo Maite Ferreiro. Ferreiro explicou que “a información e a documentación que manexa o BNG é moito máis fidedigna que as vagas explicacións que se están a dar dende o goberno municipal para tratar de tapar un asunto que cada vez colle peor aspecto e que cheira a corrupción”.

Maite Ferreiro lamentou que “teña que ser a alcaldesa, unha vez máis, quen teña que sacar as castañas do lume” e criticou a nefasta xestión da área de cultura do concello “non hai máis que lembrar a polémica co cartel do San Froilán, agora reeditada co cartel do Entroido, a non convocatoria das axudas do ano 2016, que a Banda de música está sen dirección, que o departamento de cultura quedou sen xefa de servizo, e agora todo este lio de concertos que en Lugo constan o doble que noutras cidades”.

A edil do BNG-AA dirixiuse á alcaldesa “no BNG-AA xa sabemos que os prezos dos concertos varían segundo as datas, o que pasa é que no caso do concello de Lugo dase ao revés, na época que son máis baratas pagámolas máis caras” e ironizou “o que non sabiamos é que variaban tanto en función da localización xeográfica e que en Lugo costaban o doble que en Ferrol ou Ourense”. Ademais, Maite Ferreiro tamén se preguntou se “será a alcaldesa quen compareza no pleno en lugar da edil de cultura para dar explicacións de todo este asunto” .

O concello de Lugo ten establecido un contrato cunha empresa para atender as necesidades técnicas e de produción dos eventos que se albergan no Auditorio Gustavo Freire. Este contrato foi adxudicado á empresa Alenti por concurso público e esta mesma semana foi aprobada a súa prorroga. Así, na Xunta de Goberno do 15 de febreiro, foi prorrogado o contrato do servizo de produción, apertura e vixilancia para a execución de espectáculos e actividades no Auditorio Municipal Gustavo Freire, entre o 1 de xaneiro e o 16 de xuño de 2017, por un prezo anual revisado de 82.363,18.

Necesidades específicas de artistas

Maite explicou que, o contrato cubre todas as datas dos concertos contratados de Ariel Rot, Marlango, Coque Malla e Milladoiro. “Neste contrato existe unha partida anual de 6.544,23 € (ive incluido) para necesidades específicas de artistas” sinalou Maite Ferreiro e finalizou “con esta partida poderían cubrirse todas esas necesidades das que se fala dende o goberno e que tamén debería concretar cales son con datos e requerimentos por escrito dos artistas para acabar de ilustrarnos”.

A alcaldesa trata de tapar a chanchullada dos concertos