O CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA DE LUGO, RUBÉN ARROXO, PRESENTOU O PROGRAMA DE GOBERNO "PARA QUE LUGO FUNCIONE"

"En oito anos faremos a ronda da Muralla totalmente peonil e no primeiro ano Lugo terá zona pública de baño" anunciou Rubén Arroxo

A reestruturación dos buses, políticas transversais de xénero, potenciación do casco histórico e servizos sociais son prioridade no programa do BNG

"En oito anos faremos a ronda da Muralla totalmente peonil e no primeiro ano Lugo terá zona pública de baño" anunciou Rubén Arroxo

Lugo, 7 de maio de 2019. Rubén Arroxo esbozou as que serán as liñas xerais do programa de goberno e tamén anunciou as que serán medidas estrela do BNG para o vindeiro mandato. Arroxo sinalou que o programa presentado hoxe é un documento para "poñer Lugo a funcionar" e conten medidas centradas nos diferentes ámbitos de actuación sobre os que o goberno municipal ten responsabilidade. Rubén Arroxo estivo acompañado da edil Maite Ferreiro na presentación pública do programa que estará a disposición de todas as persoas que o desexen a través da web do BNG e das redes sociais.

Acometer actuacións para peonalizar o entorno da muralla e liberar este monumento patrimonio da humanidade de vehículos a motor será unha das medidas prioritarias para o BNG. "En oito anos faremos a ronda da Muralla totalmente peonil" anunciou Rubén Arroxo e precisou a necesidade de acometer accións previas como a creación de máis aparcadoiros disuasorios no entorno da cidade e a reestruturación do servizo de buses “para non ter problemas en acceder ao centro da cidade aínda que se acometa a necesaria peonalización”.

Arroxo explicou que “o programa presentado hoxe é un esbozo do noso proxecto para o concello de Lugo nos vindeiros anos despois de catro anos de total parálise”. Para o BNG “é necesario pensar nun urbanismo plantexado para a rehabilitación e non para a especulación”. Arroxo lembrou que o actual PXOM deu como resultado “barrios da cidade que quedan totalmente abandonados e un modelo especulativo que non leva a ningures”.

Dentro do programa do BNG contémplase unha visión transversal das políticas de xénero que segundo Rubén Arroxo “terán presenza en todas as actuacións do goberno”. Outra das prioridades do BNG será a reestruturación dos servizos sociais que “teñen a mesma estrutura que deixou o BNG no ano 2006, cando Branca R. Pazos tivo reponsabilidade de goberno nesta materia” e  precisan unha reestruturación e actualización para ser funcionais na actualidade.

En materia de cultura, o BNG afondará e volver a situar as festas do San Froilán como a grande festa do outono galego e apostará por potenciar a Escola de Música “un proxecto que o BNG puxo en marcha no ano 2012 e que se está risco pola falta de atención neste mandato, unha escola dende a que se puxeron en marcha proxectos como o Lugo Ten Música que promove a música na rúa algo co que tamén concordamos dende o BNG”. Arroxo anunciou “a creación dunha escola municipal de teatro, algo que propuxo o BNG que se aprobou no Pleno e non se efectivizou”. Dende o BNG tamén se fai fincapé na necesidade de fixar “políticas para a mocidade, xa que en 8 anos estiveron desaparecidas”.

Tres obxectivos concretos

Rubén Arroxo pechou a presentación do programa do BNG sinalando que está centrado en 3 puntos fundamentais. A posta en valor do Casco Histórico “Lugo é unha cidade con máis de 2000 anos e non pode ser que a Tinería esté como está, consecuencia do castigo que tivo a Xunta con Lugo nos últimos anos”. A potenciación das Zonas Verdes, principalemente no entorno do Miño, precisamos sendeiros ben acondicionados por que son un dos grandes valores de Lugo asi como a creación, no primeiro ano de mandato das zonas públicas de baño no Miño algo que o goberno ddo PSOE nunca quixo ao igual que as piscinas termais que foron proposta do BNG. Outra das actuación a levar a cabo será unir o centro da cidade co parque do Miño a través de 2 pasarelas: unha entre o parque de Rosalía e o Marcos Cela e outra que una este último co paseo do Miño.

 

Enlace descarga programa electoral: http://lugocentro.bng.gal/media/bnglugocentro/files/2019/05/07/ProgramaLugo.pdf

"En oito anos faremos a ronda da Muralla totalmente peonil e no primeiro ano Lugo terá zona pública de baño" anunciou Rubén Arroxo