AS DISTANCIAS DE PLANTACIÓN, OS TIPOS DE ESPECIES, AS OBRIGAS DE DESBROCE E LIMPEZA DE FINCAS SON AS INFORMACIÓNS MÁIS DEMANDADAS POLAS PERSOAS PROPIETARIAS

O BNG propón que a Oficina do Rural informe sobre as medidas impostas pola Xunta para previr o lume

IMG_1210

“O Concello de Lugo debería facer charlas informativas polas parroquias e atender na Oficina do Rural todas as dúbidas que xurden coa nova normativa da Xunta” dixo Arroxo

O BNG propón que a Oficina do Rural informe sobre as medidas impostas pola Xunta para previr o lume

Lugo, 23 de abril de 2018. O voceiro do BNG-AA instou ao goberno municipal a poñer en marcha unha campaña de información sobre a nova normativa anunciada dende a Xunta de Galiza en relación á prevención de incendios forestais. “Evindentemente é a Xunta quen ten que facer o groso deste traballo, pero entendemos que o Concello pode colborar a proveitando a existencia dunha Oficina do Rural que ten contacto directo con moitas veciñas e veciños das parroquias do concello” dixo Rubén Arroxo.

É a Xunta quen ten que facer o groso deste traballo, pero entendemos que o Concello pode colborar

O voceiro do BNG animou ao goberno municipal a programar charlas informativas nas parroquias “o Concello de Lugo debería facer charlas informativas polas parroquias e atender na Oficina do Rural todas as dúbidas que xurden coa nova normativa da Xunta” dixo Arroxo. O pasado 28 de decembro o Goberno da Xunta de Galicia aprobou modificacións na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia. “Estes cambios afectan á xestión da biomasa vexetal arredor de núcleos habitados, vivendas illadas, fincas…etc e o concello debe facilitar información” afirmou o voceiro do BNG.

O principal cambio é que en torno ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable amplíase de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar rozada e onde non pode haber especies pirófitas, como piñeiros, eucaliptos ou acacias. A franxa de 50 metros terán que respectarse en torno a edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais. No caso das edificacións e vivendas illadas e urbanizacións os 50 metros mediranse dende o paramento exterior das construcións ou das instalacións anexas.

Os traballos de desbroce e limpeza deberán realizarse antes do 31 de maio (anteriormente era antes do 30 de xuño) e en caso de ser requirido, o propietario dispón por Lei dun prazo de 15 días prorrogable en casos debidamente xustificados. A resolución dos expedientes corresponde á consellería do Medio Rural. As sancións varían de 100 a 1000 € en caso de infraccións leves, de 1001 a 10.000 en caso de graves e de 10.001 a 1.000.000 euros en caso de moi graves. En principio, este tipo de infraccións son leves, pero por acumulación ou por reiteración poden chegar a ser graves.

O BNG propón que a Oficina do Rural informe sobre as medidas impostas pola Xunta para previr o lume