Aparecen novos restos arqueolóxicos en Quiroga Ballesteros

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitando a obra, arquivo
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitando a obra, arquivo

Rubén Arroxo: “este achegamento pon de relevo o gran valor patrimonial que posúe a nosa cidade

A obra non sufrirá modificacións e continuará cos prazos establecidos

Aparecen novos restos arqueolóxicos en Quiroga Ballesteros

Lugo, 02 de decembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos novos restos atopados durante a mañá de hoxe no desenvolvemento dos traballos de peonalización na rúa Quiroga Ballesteros.

O descubrimento de hoxe consiste maioritariamente nun pavimento do século XIX e parte dos restos xa atopados do Hipocausto. De igual xeito que anteriormente, estas pezas serán datadas a súa singularidade e a súa situación, xa que o equipo de arqueoloxía informou do seu baixo valor para a súa exposición museística. Por isto, serán tratadas cunha lámina xeotéxtil e cubrirase con area para a súa protección.

 “Trátanse de novos restos que poñen de relevo o gran valor patrimonial que posúe a nosa cidade” sinalou Rubén Arroxo, ao que engadiu “este novo achegamento non afectará ao proceso da obra, o que permitirá continuar cos prazos establecidos”

Aparecen novos restos arqueolóxicos en Quiroga Ballesteros