PARA O BNG “NON É ENTENDIBLE QUE O CONCELLO MANTEÑA UNHA APP PARA O ARDE LUCUS E NON TEÑA CONTIDOS A SEMANA ANTES DO INICIO DA FESTA”

A aplicación para móbiles do Arde Lucus segue sen contidos cando faltan menos de 10 días para a festa

“Calquera persoa pode descargar esta APP que aparece como a oficial do Arde Lucus pero en realidade non contén ningunha información” explicou Maite Ferreiro

A aplicación para móbiles do Arde Lucus segue sen contidos cando faltan menos de 10 días para a festa

Lugo, 21 de xuño 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, advertiu que a aplicación para dispositivos móbiles do Arde Lucus aparece baleira de contidos. “Tras recibir esta queixa por parte de diversas persoas usuarias, comprobamos que a APP que aparece como oficial do Arde Lucus non ten contidos e está sen actualizar” dixo Maite Ferreiro e sinalou “esta aplicación é fundamental para persoas con deficiencias de visión que seguen a través dos seus iphones a información daqueles eventos nos que están interesadas”.

A APP do Arde Lucus que se pode descargar dende calquera dispositivo aparece identificada como propiedade do concello de Lugo e figura, tamén, o nome da empresa que a xestiona pero os seus apartados non teñen contidos. “Entendemos que se trata doutra deficiente xestión do departamento de cultura por que o nome da empresa que aparece na APP non coincide co da empresa que resultou, neste ano 2017, aduxidicataria da xestión de redes sociais e webs para a difusión das festas do Arde Lucus e San Froilán” explicou Maite Ferreiro.

“Entendemos que a existencia desta APP pode crear confusión e ademais xenera desinformación” dixo Maite Ferreiro e sinalou “no caso de que esta APP que aparece como oficial do Arde Lucus non sexa a correcta o goberno municipal debería tomar as medidas necesarias para eliminala ou ben substituila pola que debe ser a APP oficial do Concello de Lugo para o Arde Lucus” .

A aplicación do Arde Lucus que está levando á confusión conta con cinco apartados: Noticias, Programas, Localización, Asociacións e Información. Unicamente aparecen con contido os apartados de Localización e Información, neste último aparece un listado de teléfonos de interés e no Localización hai un enlace a un mapa dixital do concello de Lugo. Os apartados de Noticias, Programas e Asociacións aparecen totalmente baleiros.

Falta de información aos grupos da corporación

Maite Ferreiro levará á Comisión de Culutral unha preguta para saber por que non se convocou  a Comisión Organizadora do Arde Lucus neste último ano. Maite Ferreiro lembrou que esta comisión unicamente se reuniu unha vez, por proposta do BNG, en xullo de 2016. “A pesares de que naquela primeira xuntanza se acordara facer unha nova convocatoria para o mes de novembro, non se fixo a convocatoria nin se volveu reunir a comisión” afirmou Maite Ferreiro que lamentou “a falta de seriedade do goberno municipal e falta de intención de que o resto da corporación participe e coñeza os detalles da organización do Arde Lucus”.