“O Arde Lucus é un momento idóneo para liberar de coches a Mosqueira e o recinto amurallado”

“O Arde Lucus é un momento idóneo para liberar de coches a Mosqueira e o recinto amurallado”

IMG_6163Para o BNG-AA sería moi positivo para o Arde Lucus gañar un espazo como a zona da Mosqueira para realizar actividades relacionadas coa festa

Rubén Sinalou que “podería ser o primeiro Arde Lucus para as persoas que son as auténticas protagonistas da festa”

Lugo, 6 de maio 2016. O BNG – Asambleas Abertas propón que durante toda a celebración do Arde Lucus permaneza liberado do tráfico de vehículos tanto o tramo da Mosqueira como o recinto amurallado. Rubén Arroxo dixo que “este é un xeito de avanzar na peonalización da cidade e de gañar un espazo para as persoas nunha das festas máis importantes das que se celebran na nosa cidade”. Unicamente habería que autorizar, no recinto amurallado, o acceso a residentes e vehículos que accedan aos aparcadoiros.

Rubén Arroxo dixo que “a xente que ven a Lugo valora o aspecto xeral da cidade e a presenza de vehículos non contribúe a unha boa valoración da cidade nin do Arde Lucus” e por isto “consideramos que liberar da presenza de vehículos a motor tanto o recinto amurallado como a zona máis simbólica da cidade como é a Mosqueira”. Arroxo lembrou que o pleno da corporación xa se pronunciou a favor de peonalizar este tramo da ronda da Muralla e “esta é unha boa ocasión para recuperar este espazo para as persoas nunha datas tan significadas e festivas”.

Para o BNG-AA sería moi positivo para o Arde Lucus gañar un espazo como a zona da Mosqueira para realizar actividades relacionadas coa festa, Rubén Sinalou que “podería ser o primeiro Arde Lucus para as persoas que son as auténticas protagonistas da festa” e engadiu que “o recinto amurallado tamén debería quedar libre do tráfico rodado por que, como sabemos, o casco histórico énchese de xente que ven a disfrutar desta festa singular e non a ver atascos de coches”.

“O Arde Lucus é un momento idóneo para liberar de coches a Mosqueira e o recinto amurallado”